Venres. 26.04.2024
El tiempo

Novembro chega con Música da casa

Novembro chega con Música da casa
Novembro con Musica de Carballo 2018 Ademais dos numerosos programas teatrais que hai neste outono, o mes de novembro é un mes de música para o Concello de Carballo, e tamén para o concello de Cee. O programa carballés de Novembro con Música pon o foco na música carballesa, pois serán 17 as bandas que subirán aos escenarios durante o mes. Arrinca de feito, este venres, co festival pop-rock Live in Cances, e serán 17 días de música da casa. Un protagonismo para os grupos locais “para que poidan difundir o seu traballo e dalo a coñecer”. Haberá de todo, dende pop, rock, música tradicional, bandas e coros, jazz ou espectáculos musico-teatrais. Ademais, Novembro con Música inclúe unha exposición fotográfica, 15 visións, que poderá visitarse do 23 de novembro ao 2 de decembro no Pazo da Cultura. Este mesmo espazo será sede, por segundo ano, da Residencia Artística Para_íso, impulsada polo Colectivo RPM co apoio da AGADIC, e que permitirá coñecer o proxecto Status, de Federico Vladimir Strate e Pablo Esbert. Coma novembro é tamén o mes do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o día 23 asistiremos ao concerto Habelas hainas, organizado pola Asociación Cultural Lumieira, e o 26 contaremos con A tropa de trapo co espectáculo teatral-musical Contamos todos, organizado polo Centro de Información á Muller (CIM) para o alumnado de 5º de Educación Primaria. Programa Novembro con Musica Carballo 2018

Novembro musical en Cee

Novembro tamén é o mes da música en Cee. Por iso, haberá actividades neste eido durante todo o mes de novembro acompañadas doutras non tan musicais. O programa é o seguinte:
  • Sábado 10: Banda de Música de Cee.
  • Domingo 11: Sentimentos: Recital poético musical con Manolín acompañado da Escola de Danza Breogán e alumnos da Escola de Baile Arte e Movemento (19.30 h.)
  • Sábado 17: Banda da Escola de Música de Rianxo.
  • Sábado 24: Banda da Soc.Recr. San Xoán de Calo.
  • Sábado 1 decembro: Grupo Folk Chiculate.
Ademáis das actuacións musicais, o vindeiro 14 de novembro quedará inaugurada a exposición "Hombres y barcos. La fotografía de la Marina Española en el Museo Naval (1850-1935)".

Comentarios