Domingo. 13.10.2024
El tiempo

O novo Concurso de Murais de Azulexo de Lar mergúllase no patrimonio subacuático

Gonzalo e Tatiana Rodriguez cos mapas de Pepe de Oleghario
Gonzalo e Tatiana Rodriguez cos mapas de Pepe de Oleghario, fundamentais para artellar o novo Concurso de Murais de Azulexo de Sumisitros Lar sobre os pecios e o patrimonio subacuático
O novo Concurso de Murais de Azulexo de Lar mergúllase no patrimonio subacuático

Xa está en marcha o novo Concurso de Murais de Suministros Lar. Esa iniciativa pedagóxica que trala de levar, dun xeito absolutamente transversal, a creatividade aos centros de ensino e centros de diversidade funcional da comarca.

Un proxecto no que o alumnado traballa diferentes áreas (lingua, plástica, creatividade…) para ademais crear algo, físico e orixinal, unha peza artística en si mesma. Ademais a creación dunha memoria (teñen verdadeiras xoias gardadas) fomenta a búsqueda e investigación de información.

Para esta IX edición (a primeira foi en 2007 pero dende 2013 é bianual), xa son 6 IES e dous centros especiais os inscritos para esta edición, pero tanto Tatiana como Gonzalo Rodríguez contan con que complete a ducia.

Por agora aínda está aberto o prazo de inscrición, en novembro comezarán a enviar as pezas e a base (a proa dun barco); en xaneiro comezarán as charlas, mentres a rapazada vai colocando o proceso creativo entre as aulas “normais”; e en xuño volverá ser a entrega de premios.

Pecios e patrimonio arqueolóxico submariño

O tema deste ano é tan fermoso como reivindicativo, e chega cando se cumpren 32 anos solicitando Centro de Investigación de Arqueoloxía Subacuática que albergue os tesouros que temos e imos sacando (como recentes canóns do séc.XVI rescatados en Camariñas) do fondo das nosas rías.

Os pecios, os naufraxios, e o rico patrimonio arqueolóxico subacuático que temos nas augas da Costa da Morte é o tema principal. Para axudar na investigación contan coa colaboración dos, problablemente, meirandes especialistas na materia: Pepe de Oleghario e os seus famosos mapas mirando dende enriba do mar; e Miguel San Claudio, mergullado nas augas e levantando os tesouros arqueolóxicos das nosas rías.

Algunha cifra simbólica

Son máis de 500.000 as pezas colocadas en 228 m2 de murais (en total empregáronse uns 56.000 kg de formigón para a súa construción) os que levan colocados os máis de 2.000 participantes que formaron parte das 8 primeiras edicións.
Máis de 25.000 horas adicadas nos centros.
Son máis de 100 persoas as involucradas na organización deste certame, que sae en 40 medios de comunicación cada edición.

Murais percorrendo mundo… cara NYC

Seguen en Sanxenxo os Murais da pasada edición conseguindo 1 millón de likes para a Costa da Morte. E xa non hai quen os saque de alí (tocará cambiar a actual pola seguinte fornada), pois as autoridades locais están encantados con este museo ao aire libre que tanto invite a sacar fotos e subilas as redes.

Ademais, continúan facendo de embaixadoras da Costa no Faro Fisterra, no centro de Corcubión, en Laxe, ou en varios puntos do paseo de Cee; ademais da exposición do primeiro certame que fica na parede do aparcamento da empresa. En total, por agora, son 114 as pezas que andan facendo mundo, e calculan que son máis de 10 millóns de fotos as que levan protagonizado en cámaras e móbiles de veciños e visitantes de todo o planeta.

A viaxe dos Murais podería rematar algún día en Nova Iorque. Polo de pronto, a través dun arquitecto corués que traballa no departamento municipal de Arte e Cultura, a proposta xa calou no seo do concello estadounidense, de xeito que cabe a posibilidade de que os murais da Costa da Morte visiten a Gran Mazá para vincular as costas atlánticas de USA e Europa.

 

Novas relacionadas

Comentarios