Venres. 29.03.2024
El tiempo

O alumnado do Agra de Raíces homenaxea a Abdoulaye Fall Seck

O alumnado do Agra de Raíces homenaxea a Abdoulaye Fall Seck
Amigos e companeiros de Abdoulaye do IES Agra de Raices de Cee disputaron onte un partido Amigos e companeiros de Abdoulaye do IES Agra de Raices de Cee disputaron onte un partido Alumnos e alumnas do IES Agra de Raíces de Cee rendíronlle homenaxe onte á tarde unha homenaxe a Abdoulaye Fall Seck, o xogador do Muxía que faleceu durante un partido, cun encontro futbolístico disputado entre amigos e compañeiros do rapaz de 15 anos. Alumnos de 3º de ESO do centro educativo de Cee estaban desputando con el o partido ese fatídico día e quixeron rendirlle esta pequena homenaxe celebrando no centro un partido de fútbol contra outros alumnos que cursan 4º de ESO que xogan noutros equipos comarcais e que competiron en varias ocasións contra o equipo de Abdoulaye. Baixo a coordinación da vicedirección do centro e coa colaboración dos titores e profesores de educación física celebrouse ás 17:20 horas de onte un partido de fútbol onde vestían camisetas vermellas e azuis nas que se podía ler "Homenaxe a Abdoulaye Fall Seck, IES Agra de Raíces" e que finalizou sendo vencedores o equipo de 4º. Como espectadores do partido estiveron os seus compañeiros de clase, profesores que impartían clase nesa sesión a eses grupos e membros do equipo directivo do centro. Ao principio do partido os propios amigos pediron un minuto de silencio na súa honra e o equipo gañador adicou o seu pequeno trofeo á memoria de Abdoulaye , o trofeo seá donado polos rapaces ao Unión Club de fútbol Muxía. Concurso da ONCE Os estudantes visitaron o dolmen de Dombate Os estudantes visitaron o dolmen de Dombate Por outra banda, os alumnos e alumnas de 1º e 4º do IES Agra de Raíces que cursan a materia de Educación Plástica e Audiovisual veñen de recibir 400€ despois de chegar ata a fase nacional dun concurso escolar organizado pola ONCE baixo o lema "Descubrir el talento lo cambia todo". O alumnado xa gañaran unha primeira fase provincial pola que recibiron uns agasallos persoais, participar coa súa obra na fase autonómica e o agradecemento público de entidades e institucións. "E que mellor maneira de compartir o premio ca facelo todos xuntos nunha saída cultural pola contorna" din dende o centro educativo ceense. Así que o pasado 5 de maio fixeron unha saída na que participan cincuenta alumnos e alumnas e tres profesores. Achegáronse ata os concellos veciños de Vimianzo e Cabana. En Vimianzo esperábaos o responsable do Castelo para acompañalos na súa visita, así como o guía responsable dos Batáns de Mosquetíns. Fixeron unha parada, moi esperada polos alumnos e alumnas, nas pistasde kars, Karting Montecalo de Vimianzo e acabaron a súa saída no imponente Dolmen de Dombate, onde os acolleu o guía do lugar para acompañalos nunha visita guiada e facer uns obradoiros.   Novas relacionadas Fonte

Comentarios