![praza-otero-lastres-cee]()
Onte descubriuse a placa que dará nome á antiga praza do Recheo Vello de Cee
A través dunha inciativa da asociación de veciños, o concello de Cee ríndelle a súa homenaxe ao avogado Otero Lastres co descubrimento da placa que dará o seu nome a antiga praza do Recheo Vello. O acto, que tivo lugar onte á tarde, asistiron numerosas personalidades, foi presentado pola concelleira de Cultura, Camola Díaz Freire e participaron nel o exalcalde da Coruña, Francisco Vázquez Vázquez, o propio José Manuel OteroLastres e o alcalde de Cee, Ramón Vigo.
José Manuel Otero Lastres naceu en Cee no ano 1947. É licenciado en Dereito con premio extraordinario dende 1969 e doutor en Dereito tamén con premio extraordinario. Foi catedrático en diferentes universidades como León, Alcalá de Henares e profesor en Santiago de Compostela. Cun gran nome dentro da xudicatura, foi recoñecido polos seus compañeiros de profesión no 2012 como mellor avogado de España en Propiedade Intelectual. Ademáis, Otero Lastres é directivo do Real Madrid e un fructífero escritor de novelas que, en non poucas ocasións, transcurren na Costa da Morte. Como anécdota curiosa, cabe destacar que Otero Lastres deu clases de dereito a dous presidentes de España, José Luis Rodríguez Zapatero e Mariano Rajoy.
“É unha honra ter unha praza na miña vila e me comprometo a que Cee quede siempre no mellor lugar. Ofrezo a miña axuda dende agora para conseguir todo o que me pidan para Cee”, manifestou durante o acto o propio Otero Lastres. Pola sua banda, Francisco Vázquez destacou na súa intervención que “o máis bonito que se pode ter é unha rúa na túa vila natal… e Otero Lastres a ten desde agora en vida”. O alcalde Ramón Vigo quixo resaltar a importancia da praza que se rebautizou hoxe xa que é “un espazo verdadeiramente importe para os ceenses”.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Cee