O Batallón reúneses polas Letras Galegas


Intenso domingo o que se vivirá no Salón de Actos do Concello de Fisterra. Braca Vilela propúxose armar unha fermosa e emotiva xornada para homenaxear a Figueira Valverde e no propio Día das Letras Galegas xuntará a moitos dos que formaron aquel histórico Batallón Literario da Costa da Morte.
As Xornadas Culturais arrincarán o propio domingo ás 10:00h cunha Táboa redonda, sobre a influencia do mar na literatura galega e costeira. Será a propia Branca a moderadora e partiparán Xosé Castiñeiras, Sergio Cernadas, Xosé Iglesias, Luís Lamela, Rivadulla Corcón e Miguel Vázquez Freire.
De seguido, toca Recital, con xentes de Fisterra, e de toda a volta: Corcubión, Cee, Carballo, Muxía e tamén da Coruña. Marilar Alexandre, Suso Bahamonde, Yolanda Castaño, Sergio Cernadas, Estevo Creus, Mª José Fernández López, Rosalía Fernández Rial, María José Lago Traba, Juan Alberto Moure, Alexandre Nerium, Miguel Vázquez Freire, Roberto Traba Velay e a propia Branca Vilela.
Unha fermosa cita poética.
Novas relacionadas
- Emotividade e risas para o comezo do #Festiletras2015.
- A Universidade Popular de Corcubión prepara un Maio de Letras.
- A nova poesía costeira renace en Mazaricos.
- A Fundación López Abente abre o prazo para o seu III Premio de poesía.
- Maria Lado estreo o seu novo poemario na casa.
- Modesto Fraga presenta o seu novo libro cheo de Fisterranía.
- Os versos de Miro Villar musicados en clave indie.
- O Batallón Literario da Costa da Morte revive na rede.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).