A Fundación López Abente abre o prazo para o seu III Premio de poesía


Despois de dúas exitosas edicións do seu premio poético, cunha calidade excepcional, volve a Fundación Gonzalo López Abente convocar a terceira edición. Veremos pois de aquí a uns meses quen toma o relevo de Laureano Xoaquín Araujo Cardalda, o último gañador e mais de Daniel Salgado, o primeiro.
Así, xa podedes ir preparando os vosos poemas, de non máis de 400 versos, para envialos antes do 27 de abril á sé da Fundación muxiá. Tendes todas as bases na web da Fundación www.lopezabente.org.
O premio terá una dotación de 2.000 €, máis unha peza escultórica conmemorativa e será publicada por Edicións Xerais de Galicia.
Pola difusión de López Abente e a proliferación de novos talentos
Con este Premio, a Fundación quere contribuír a dar difusión ao autor muxián. Gonzalo López Abente naceu en Muxía en 1878 e morreu na mesma localidade en 1963. Foi un escritor esencial para a literatura e a cultura galega na primeira metade do século XX, sirva como proba o que del dixo Vicente Risco: “López Abente é un clásico (...) un pouco rudo e como batido polo mar, porque é o seu un clasicismo atlántico...”
Tamén é intención da Fundación contribuír á produción de obra poética en lingua galega, que pasa, nestes tempos, por momentos moi difíciles, case de clandestinidade, por mor das escasas publicacións de poesía que se realizan, a pesar de ser este un xénero esencial para a cultura galega ao longo da súa historia.
Máis información
Novas relacionadas
- II Premio: A Fundación López Abente presentou o poemario do seu II Premio.
- II Premio: A Fundación López Abente xa ten o II Premio de Poesía.
- I Premio: Daniel Salgado leva o compromiso aos versos gañadores do I Premio de Poesía López Abente.
- Modesto Fraga presenta o seu novo libro cheo de Fisterranía.
- Os versos de Miro Villar musicados en clave indie.
- Unha Unidade Didáctica para coñecer quen é López Abente na escola.
- Música, flores, escultura, pintura e moita poesía polos 50 anos sen López Abente.
- 50 aniversario do pasamento (I): Homenaxeando ao poeta dende “O meu mar”.
- Viki Rivadulla estreou entre versos amigos a exposición do seu mar.
- López Abente xa ten a súa partitura.
- Muxía reivindícase como epicentro cultural e rebelde da Costa.
- Muxía recupera a prosa salgada de López Abente.
- O Batallón Literario da Costa da Morte revive na rede.