Sábado. 26.09.2020
El tiempo

O BNG de Cee apoia ao pequeno comercio no Nadal

O BNG de Cee apoia ao pequeno comercio no Nadal
bng-comercio-cee bng-comercio-cee Nunha das épocas de maior consumismo por excelencia, o BNG de Cee solidarizáse co comercio local e pídelle a todos os veciños e veciñas que merquen na vila co fin de apoiar ao tecido empresarial. "Todo o diñeiro que gastemos en Cée, voltará dun xeito ou outro as nosas mans, si pola contra o levamos fora, serán outros os que se beneficien", reiteran dende o BNG. Xa en outras ocasións, os nacionalistas manifestaron o seu apoio ao comercio denunciando o incumprimento dos horarios por parte dalgúns establecementos. Segundo indican os nacionalistas, o comercio tradicional é un dos grandes esquecidos polo goberno de Cee a pesar do seu importante papel social e económico. Así denuncian o peche de varios establecementos en Cee e o incremento do desemprego nos últimos anos con respecto ao inicio da crise. Dende o BNG reiteran que a crise non se manifesta de igual maneira en todas as modalidades de comercio e que, xunto coas características intrínseca do comercio galego, "fan que as políticas deseñadas dende as distintas administracións non repercutan con igual sorte e intensidade". Novas relacionadas Fonte

comentarios