Domingo. 05.05.2024
El tiempo

O BNG de Cee critica a estratexia agresiva do alcalde e pide de novo a supresión do gabinete do alcalde

O BNG de Cee critica a estratexia agresiva do alcalde e pide de novo a supresión do gabinete do alcalde
Chega hoxe unha nota de prensa do BNG de Cee na que critica a actitude agresiva do alcalde, Ramón Vigo. Segundo o voceiro do BNG, Dani Oca, "a descalificación do opoñente é unhas das estratexias máis pobres á hora de rebatir as críticas políticas da oposición". Estas confrontacións chegan tras unhas declaracións do voceiro da oposición nas que asegura que “o goberno de independentes e PSOE está a levar ao concello á ruína”. Oca afirmou apoiarse en datos que corroboran esta afirmación, "como a multiplicación por dous da débeda municipal en 2009 (ata o millón e medio de euros), ou o gasto de 750.000 euros en 2010, sen ter dotación presupostaria". E saltou a chispa cando Ramón Vigo acusou a Oca de "non ter idea de economía". Oca sae na súa defensa asegurando que “a avialiación dos meus coñecementos de economía xa a realizaron os meus profesores na universidade, xente competente na materia como Pedro Puy, Ceferino Díaz, Xosé Manuel Beiras ou Xabier Vence”. Engadiu que "o alcalde se escuda nun informe da Deputación que xa está caducado, pois non recolle os gastos de 2010 e a multitude de facturas impagadas que se amorean no concello". O portavoz nacionalista afirmou que “non cre que os empresarios aos que o concello debe cartos compartan a afirmación do alcalde de que gastos como o do calendario sexan necesarios”.

Nova petición de suspensión da secretaria do alcalde

E aproveita o BNG para solicitar de novo a supresión do posto do Gabinete do alcalde. Dende a oposición "consideran insoportable para as arcas municipais que os gastos mensuais en soldos da oficina do alcalde rolden os 5000 euros, que a privatización de servizos municipais duplique o seu coste, ou que se dilapide o patrimonio presente e futuro do concello sen lograr xerar un euro máis de ingresos".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Cee.

Comentarios