Xoves. 10.10.2024
El tiempo

O BNG de Cee denuncia os problemas viais de Estorde

O BNG de Cee denuncia os problemas viais de Estorde
estorde-cee A zona rexistra un alto tránsito de coches e peatón dutrante os meses de verán Para o BNG de Cee un dos puntos viarios máis conflictivos do municipio é a estrada AC-445 que une Cee con Fisterra. Concretamente ao seu paso por Estorce. Segundo sinalan os nacionalistas, ésta é unha vía de titularidade autonómica que discorre a escasos metros da praia e que na época estival é moi concorrida por xente de zona e turistas que veranean na contorna. Na beira da praia, existen dous estabelecementos de hostalaría, do outro lado, un cámping ateigado de veraneantes. A ambos lados, numerosos aparcamentos para automóbiles "que a miúdo resultan insuficientes", indican desde o BNG. "No tramo de vía que nos afecta, pouco máis de 800 metros que unen a saída da vía rápida Cee-Fisterra e o comezo do lugar de Estorde, non existe nin un só paso de peóns, polo que o cruzamento da vía queda ao parecer de cada quen, o que supón un claro perigo para viandantes, principalmente nas horas de saída e entrada de praia. É mais, no seu día si houbo eses pasos precisos, mais non foron borrados na súa totalidade, polo que lonxe de resultar útiles son un perigo engadido", sinalan dende o BNG de Cee. Ademais indican que o límite de velocidade está nos setenta quilómetros hora "o que ao noso entender excede o recomendable, debendo ser esta mais restritiva". Nas últimas semanas,  houbo varios os incidentes na zona, un deles esta mesma semana. Uns con choques entre vehículos derivados do paso de peóns por lugares non axeitados e outros con sustos por posibles atropelos. "Polo de agora todos eles con tan só perdas materiais, mais que en calquera momento poden converterse en perdas de vidas humanas", sinala o portavoz do BNG - Serxio Domínguez -. "Compre ter en conta que na mesma vía, e tan só uns centros de metros mais adiante, no lugar de Sardiñeiro, no concello de Fisterra, as sinalizacións viais para peóns e as restricións de velocidade si existen, nun tramo tamén de travesía e moi pretiño igualmente da praia. Sobre este asunto xa se ten interpelado en alguna ocasión no pleno de Cee, ao que o alcalde contestou sempre con que él recollera as queixas do vecinos e negocios e remitira sendos escritos a Consellaría correspondente" sinalan dende o BNG o que califican de "totalmente insuficente a reposta e o traballo feito polo goberno". Si que consideran que é un problema ao que ten que dar solución a Xunta, que é a titular da vía, mais sinalan que o concello é a administración máis próxima á veciñanza, polo que o seu traballo non pode cosistir tan só nun escrito, se non que terá que pedir as reunións precisas e oportunas para que quen corresponda sexa consciente da gravidade do problema. "Unha, dúas, tres, ou mil visitas a Xunta si son precisas", declarou Serxio Domínguez  portavoz do Bng de Cee. Polo exposto o BNG de Cee interpela ante a Consellería para lle preguntar si é consciente do perigo que supón para os viandantes que nese tramo, onde en horas puntas se poden xuntar 20 ou 30 persoas cruzando xuntas a vía, non haxa nin un só paso de peóns e a velocidade permitida sexa tan alta, e convidáoos a tomar medidas no tramo de vía mencionado antes de que sucedan casos de perdas de vidas humanas. https://quepasanacosta.gal/ferida-leve-a-conductora-dun-coche-tras-colisionar-contra-un-autobus-en-estorde/ Fonte

Comentarios