Venres. 26.04.2024
El tiempo

O BNG de Cee esixe o cumprimento da Lei da Memoria Histórica e piden a eliminación dun monolito

O BNG de Cee esixe o cumprimento da Lei da Memoria Histórica e piden a eliminación dun monolito
simboloxia-franquista-cee-18-1936

O grupo municipal do BNG de Cee vén de denunciar a existencia de dous casos de simboloxía franquista no concello da Xunqueira, algo que os nacionalistas consideran “un flagrante incumprimento da lei de memoria histórica”. Os nacionalistas esixen que se proceda por parte do governo municipal a aplicar a Lei de Memoria Histórica, e centran as súas olladas no monolito situado fronte á factoría de Ferroatlántica de Cee.

Escudándose na lei, Dani Oca e os seus piden a desaparición de dito monolito, pois ademáis do significado histórico, este incumprimento da lei pode supoñer a retirada de subvencións ou axudas públicas.

Os nacionalistas lembran a actuación do alcalde e o seu grupo político, xunto co Partido Popular, cando o pleno de Cee rexeitara o cambio do nome do colexio Eugenio López, persoa vencellada, en verbas do BNG, a un réxime dictatorial.

Por último, o BNG de Cee criticou ao alcalde Ramón Vigo, de quen dixo que “malia a estar en minoría, non ten ningún escrúpulo en ir da man da dereita máis rancia, recalcitrante e reaccionaria á hora de cumprir cos valores democráticos”. Tamén houbo verbas para o outro socio de governo, o PSOE do que se dixo que “está desaparecido da escea política en aras de seguir aferrados ao poder, aínda que este lles custe a súa propia identidade”.

simboloxia-franquista-cee-pirulo

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Cee.
  • Redacción de FRan Lago para QPC ([email protected]).
  • Fotos de Marcos Vázquez.

Comentarios