Venres. 26.04.2024
El tiempo

O BNG de Cee pide mellorar a contorna da casa da Cultura

O BNG de Cee pide mellorar a contorna da casa da Cultura
beirarruas-casa-cultura-cee O BNG cririta a presenza de pozas nun dos tramos máis usados a diario en Cee Os representantes do BNG de Cee veñen de presentar no rexitro municipal unha solicitute para que se aranxen as beirarrúas da casa da Cultura, un dos tramos máis usados a diario polos usuarios e usuarias das instalacións e que "ás veces teñen que estar nas clases cos pes mollados e nun edificio sen calefacción", segundo sinalan os nacionlistas. "Compre pois un arranxo en condicións dese tramo na maior brevidade posible, e aproveitando o bo tempo para que co inicio do vindeiro curso non se repitan os episodios deste ano", sinala o BNG. "O actual alcalde fixo unha campaña polas redes sociais o ano antes das últimas eleccións, criticando a ineficacia do día a día do goberno de entón, mais catro anos despois él comete os mesmos erros e carece dun plan de traballo e mantemento axeitado das infraestructuras municipais, nada novo por outra parte, xa que en Cee levamos moitos anos de cambios de goberno, de pactos de uns con outros sen que nada cambie para mellor", indican dende o BNG de Cee.

Novas relacionadas

 

Fonte

Comentarios