O BNG de Cee pide mellorar a contorna da casa da Cultura
08:09 14/06/18
O BNG cririta a presenza de pozas nun dos tramos máis usados a diario en Cee
Os representantes do BNG de Cee veñen de presentar no rexitro municipal unha solicitute para que se aranxen as beirarrúas da casa da Cultura, un dos tramos máis usados a diario polos usuarios e usuarias das instalacións e que "ás veces teñen que estar nas clases cos pes mollados e nun edificio sen calefacción", segundo sinalan os nacionlistas.
"Compre pois un arranxo en condicións dese tramo na maior brevidade posible, e aproveitando o bo tempo para que co inicio do vindeiro curso non se repitan os episodios deste ano", sinala o BNG. "O actual alcalde fixo unha campaña
polas redes sociais o ano antes das últimas eleccións, criticando a ineficacia do día a día do goberno de entón, mais catro anos despois él comete os mesmos erros e carece dun plan de traballo e mantemento axeitado das infraestructuras municipais, nada novo por outra parte, xa que en Cee levamos moitos anos de cambios de goberno, de pactos de uns con outros sen que nada cambie para mellor", indican dende o BNG de Cee.
Novas relacionadas
- Maio 18: O BNG de Cee esixe a reparación urxente do parque infantil do Recheo
- Abril 18: O BNG de Cee presenta unha moción sobre as pensións
- Marzo 18: 400 persoas saen á rúa en Cee para esixir a blindaxe do Sistema Público de Pensións
- Marzo 18: A tráxica previsión demográfica para a Galicia do 2031.
- Xaneiro 17: A CIG pon un autobús dende Cee para asistir á manifestación en defensa das pensións.
- Xuño 2016: Análise das pensións na Costa da Morte-Galicia: As pensións de Corcubión son as máis altas da Costa da Morte:
- Novembro 2013: Cee analizou o drama das pensións.
- Outubro 2013: Os emigrantes retornados tamén se manifestan nas rúas de Cee.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- BNG de Cee