O BNG de Cee pide que se revise o estado da vía Tedín-Ruibo
08:09 19/07/18
Na estrada, arranxada recentemente, comeza a levantarse parte do asfalto novo deixando baches de considerable tamaño
O BNG de Cee vén de rexistrar un escrito no concello para reclamar que se tomen medidas sobre o estado da vía Tedín-Ruibo; unha obra pertencente ao plan POS 2017 recentemente recepcionada polo concello e na que, segundo indican os nacionalistas, xa comeza a levantarse parte do asfalto novo, producíndose baches de considerable tamaño. Nesta actuación, que se englobou baixo a obra de “Acondicionamento e mellora de pistas na parroquia Lires”, investíronse 76.272,94 euros.
A veciñanza sinala que parte desa obra foi feita en condicións meteorolóxicas adversas, polo que éstes poden ser esa a causa de estes desperfectos. Dende o BNG consideran que se debe dar comunicación a empresa para que solucione os desperfectos no menor tempo posible "xa que estamos aínda en tempo de garantía da mesma polo que lle rogamos ao alcalde que faga os trámites necesarios e pertinentes" indican os nacionalistas.
“Non é de recibo que poucas semanas despois de rematada a obra, o asfalto comece xa a levantarse. Si importante é acometer as obras, mais o é aínda ter conta de que estas se executen en condicións, mais cando nas propias bases do POS (plan de
obras e servizos da Deputación) se fala de que os investimentos sexan financieramente sostibles e duradeiras no tempo. Esta apenas ten semanas, e todo con bo tempo, non quero nen pensar o que será cando teña que soportar os avatares do inverno”, declarou o portavoz do Bng de Cee, Serxio Domínguez Louro.
Novas relacionadas
- Xuño 18: O BNG de Cee pide mellorar a contorna da casa da Cultura
- Maio 18: O BNG de Cee esixe a reparación urxente do parque infantil do Recheo
- Abril 18: O BNG de Cee presenta unha moción sobre as pensións
- Marzo 18: 400 persoas saen á rúa en Cee para esixir a blindaxe do Sistema Público de Pensións
- Marzo 18: A tráxica previsión demográfica para a Galicia do 2031.
- Xaneiro 17: A CIG pon un autobús dende Cee para asistir á manifestación en defensa das pensións.
- Xuño 2016: Análise das pensións na Costa da Morte-Galicia: As pensións de Corcubión son as máis altas da Costa da Morte:
- Novembro 2013: Cee analizou o drama das pensións.
- Outubro 2013: Os emigrantes retornados tamén se manifestan nas rúas de Cee.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- BNG de Cee