O BNG de Cee presenta unha bateria de propostas por parroquias para desenvolver co POS+19
06:34 21/11/18
O BNG propón renovar a Entrada a Estorde dende Guimareu
O Bloque Nacionalista Galego de Cee vén de presentar as seguintes propostas de obras para o Plan Provincial do
vindeiro ano 2019, que aporta a Deputación. Como en anos anteriores, fan un reparto por parroquias e vila, tendo en contas as necesidades mais urxentes, segundo as conversas que se foron tendo coa veciñanza e as demandas que se lles fixeron chegar.
As obras serían:
- Asfaltado, renovación e mellora da Rúa Pepe Sánchez, desde o cruce xunto a piscina, até Apem pasando pola casa da cultura e o hospital.
- Renovación integral da praza da festa de Ameixenda, coa construcción de novos muros de contención.
- Asfaltado da estrada Toba-Estorde, con carril bici-peonil até a praia, e renovación da entrada a Estorde desde o cruce de Guimareu.
- Renovación e sinalización das rúas en A Armada.
- Renovación e asfaltado de estradas en Cosesos, Vilanova, Morancelle e Lobelos.
- Renovación integral da casa da cultura de Brens, incluido os sotos.
- Asfaltado e adecuación das rúas interiores en Brens.
- Saneamento en Vilanova-Codesos, Sembra-Cabaleriza e San Xosé-Pereira.
- Ampliación das pontes das rúas interiores de Gures.