venres. 02.05.2025
El tiempo

O BNG de Cee presenta unha moción sobre as pensións

O BNG de Cee presenta unha moción sobre as pensións
O BNG de Cee presentará no próximo pleno do concello ceense unha moción a través da cal piden "o mantemento dunha pensión digna para todos os galegos e galegas". Así, os nacionalistas instan á Xunta de Galicia a que se dirixan ao goberno centrol co fin de que proceda á derogación das reformas laborais e á aprobación dunha nova lexislación laboral e social que restitúa os dereitos perdidos. Desta forma, os do BNG piden que se recoñeza o dereito á xubilación ordinaria aos 65 anos e que se estableza o cálculo da base reguladora polas bases de cotización dun período de quince anos da súa vida laboral a elixir pola traballadora ou traballador. En canto aos importes das pensións, os nacionalistas sinalan que se debe de establecer o importe da pensión mínima no equivalente ao 60% do salario medio así como unha actualización anaul en base ao IPC. Tamén piden que se eliminen as penalizacións e discriminacións no acceso á pensión das persoas empregadas atempo parcial. Esixen que se reclame para Galiza a xestión da Seguridade Social, como xa contempla o Estatuto de autonomía, e demandan que as empresas, con centro de traballo en Galiza paguen os impostos e as cotización sociais aquí. Asímesmo, piden incrementar a contía do “Fondo extraordinario, perceptores subsidios e pensións non contributivas”, de xeito que cada persoa prestataria de pensión non contributiva perciba un incremento de 100 euros mensuais na mesma.

Novas relacionadas

 

Fonte

  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • BNG de Cee

Comentarios