Xoves. 09.07.2020
El tiempo

O BNG de Cee propón a creación dun Banco de Alimentos

O BNG de Cee propón a creación dun Banco de Alimentos

Os tempos de crise chegan a todas partes. E a xente cada vez ten máis complicado, non só chegar a fin de mes, se non poder facer a compra. O que bota hoxe unha proposta no buzón do Concello de Cee cunha grandísima proposta. O BNG local presentará unha moción no concello para que a alcaldía a leve a pleno a creación dun Banco de Alimentos, un Mercado do Derradeiro Minuto.

A proposta basease en que o Concello artelle a recolla de todo o alimento que xa non se pode comercializar nos establecementos de alimentación (supermercados, panaderías, froiterías, carnicerías, mercado municipal,…) porque visualmente non son vendibles ou porque o produto en cuestión está próximo a caducar, pero que non obstante son perfectamente aptos para o consumo humano.
O Banco de Alimentos nutriríase destes produtos que xa non se comercializan e tiranse ao lixo, para repartilos entre as familias necesitadas do noso concello, que son moitas e cada vez máis.

Dende o BNG consideran !abraiante a cantidade de alimentos en bo estado que se tiran ao lixo". Deste xeito, a iniciativa do BNG de Cee persegue dous obxectivos básicos:

  • Un que radica no feito de que todos eses alimentos que se van aproveitar para repartir de forma gratuita entre a poboación necesitada de Cee non vaian acabar no lixo, deste xeito xeramos menos residuos no noso concello. Obtemos así un beneficio ambiental e económico, xa que producimos menos toneladas de lixo ao ano e a factura da súa correspondente xestión vaise reducir considerabelmente.
  • O outro obxectivo, o principal, que pasa por repartir estes alimentos perfectamente aptos para o consumo humano entre a poboación máis necesitada, axudando a paliar así a grave situación das familias ceenses.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios