O BNG lanza unha campaña polo comercio local

06:39 18/12/18

"Levamos tempo alertando da imposición, por parte do Goberno do PP, dun modelo de consumo ao servizo das grandes áreas de capital foráneo, que nos empobrece e xera hábitos de vida e de ocio deshumanizados", argumenta Serxio Domínguez, o voceiro local. "Apoiar o comercio de proximidade é unha das mellores maneiras de xerar riqueza para Cee , de humanizar a vila e impedir a desertización do noso pobo. Está na nosa man modificar hábitos, potenciar a nosa economía e dar saída á produción galega, de extraordinaria calidade".