Venres. 26.04.2024
El tiempo

O BNG propón dúas posibles alternativas para liquidar os problemas ca TV en Lires

O BNG propón dúas posibles alternativas para liquidar os problemas ca TV en Lires
Sen sinal nas tv de lires Así pasa media vida a tv en Lires

Eternos seguen os problemas coas infraestrtuturas da comunicación na parroquia ceense de Lires. E eterno segue a ser o silencio das administracións, que nada fan por solucionar a falta de cobertura o os problemas para ver unha simple televisión.

O BNG local, que xa ten presentado varias reclamacións no rexistro do Concello, quere aportar agora dúas posibles solucións logo de consultar con persoal especializado.

Serxio Domínguez, despois de falar con varios técnicos propón dúas alternativas sobre o repetidor de televisión, se ben asume que habería que estudar a viabilidade e idoneidade:

  • ”Trasladar o actual repetidor a Riba das Eiras, xusto ao lado do palco da música. Nesa ubicación, e dando a altura suficiente, poderíase manter o sinal desde Fisterra, de feito as casas da volta xa pillan desde alí, e ao mesmo tempo o problema de alimentación é moi sinxelo de solucionar, xa que nese poste está a toma de corrente usada nos actos da praza”.
  • Ou “Colocar un novo reemisor en Cabaleriza, na torre de cobertura de telefonía móbil. Esta opción podería servir ademáis para dar máis e mellor cobertura a Lires e parroquia. Esta última opción, de ser técnicamente posible, mais ambiciosa que a primeira, permitiría acabar co aillamento que sufre Lires a nivel cobertura móbil, e da que tanto temos falado, aínda que so fose coa compañía citada”.

    Cee, 5 novembro de 2018

    Novas relacionadas

    https://quepasanacosta.gal/a-cobertura-esquecida-de-lires/ https://quepasanacosta.gal/o-bng-reclama-melloras-na-sinal-de-tv-na-parroquia-de-lires/

Comentarios