Luns. 16.12.2019
El tiempo

O BNG reclama no Parlamento a unión dos partidos políticos en contra da venta das centrais hidroeléctricas

O BNG reclama no Parlamento a unión dos partidos políticos en contra da venta das centrais hidroeléctricas
ana-ponton-ferroatlantica A portavoz do BNG no Parlamento, Ana Pontón, pide enviarlle unha mensaxe clara a todos os traballadores e traballadoras O BNG pediu no Parlamento galego unha posición unánime de todos os grupos políticos en contra da venda das centrais hidroeléctricas dos ríos Xallas e Grande nos concellos de Cee e Dumbría, anunciada pola empresa Ferroatlántica co obxectivo de amortizar débeda da multinancional. “Enviemos unha mensaxe clara as traballadoras e aos traballadores e a toda a Costa da Morte, preocupados polas noticias de que o señor Villar Mir xa ten compradores a prezo de saldo vulnerando a lei para facer caixa con recursos naturais que son de todos e de todas as galegas. A que agarda o PP para dicir publicamente que a Xunta non o vai permitir?”, interpelou a portavoz nacional, Ana Pontón, na Cámara. A deputada do Bloque lembrou as emendas presentadas no debate parlamentario de orzamentos para garantir a permanencia do emprego de Ferroatlántica, a defensa da non segregación das centrais hidroeléctricas do río Xallas da produción industrial e deseño dun Plan Industrial asociado. O BNG pide, ademais, establecer co grupo empresarial Ferroglobe e moi particularmente con Ferroatlántica S.A. “os mecanismos necesarios de colaboración para conseguir incrementar os niveis actuais de emprego e de actividade industrial en Galicia e especialmente nos concellos de Cee e Dumbría”. A formación nacionalista considera ilegal segregar a explotación hidroeléctrica da explotación industrial, porque así está determinado nas condicións da concesión a Ferroatlántica e así foi referendado xudicialmente. A concesión da explotación hidroeléctrica dos ríos Xallas e Grande foi concedida para garantir a súa viabilidade e a súa permanencia na comarca da Costa da Morte, onde os empregos desta multinacional son unha parte central da economía local.

Artigos relacionados

Novas do #CasoFerroatlántica

  Fonte

Comentarios