O camiño inadaptado de Lires
09:03 20/06/17
O paseo de Lires non é apto para carriños de bebé ou cadeira de rodas-Foto-Serxio Domínguez
Que importantes son as sendas peonís que se están a facer por toda a bisbarra. E máis en lugares tan especiais como Lires, onde camiñar é un pracer dos deuses. Levaban moito tempo pedindo que se arranxase a estrada que vai do cemiterio ata a praia, pois o que podería ser paseo fermosísimo pola lagoa, era deporte de risco. Hai xa un par de anos que se construíron unhas beirarrúas, pero nunca criamos que a cousa ía quedar así.
Xa denunciara o BNG ceés os derrubamentos ceés pouco despois de rematar a obra, e hoxe, un visitante de Lires, Xavier Durán Sánchez, envíanos esta carta “a touro pasado”, denunciando estas beirarrúas completamente inadaptadas:
Así se fan as cousas nestes lares. Calquera veciño ou visitante da praia de Lires dáse de conta facilmente de que as obras de “Posta en valor da área do litoral de Lires” condenan ós viandantes a compartir a calzada cos coches, xa que, a solución adoptada para as beiravías imposibilita o seu uso para cadeiras de rodas, carriños de bebes, nenos en bicicleta e para persoas maiores con dificultade de movemento. Isto supoño que o saberán tamén as autoridades municipais, a pouco observadoras que sexan e a Policía Local ou Guardia Civil que patrullan pola zona.
Que terá que pasar para que se tomen medidas que corrixan esta chapuza? Pois moito me temo que a este paso haberá que pasar por tres días de loito no concello, bandeiras a media ata e escoitar ó alcalde que lle toque comerse o marrón dicir que era un bo veciño dunha boa familia e que…
Espero de corazón equivocarme e que a administración responsable do asunto, sexa cal sexa, me demostre que son un mal pensado.
Fotos de Serxio Domínguez
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).