O centro de Salvamento Marítimo de Fisterra auxiliou 531 persoas durante o 2015
07:17 19/01/16
A ministra de Fomento en funcións, Ana Pastor, fixo onte balance da actividade de Salvamento Maritimo
O centro de Salvamento Marítimo situado en Fisterra coordinou o rescate, asistencia ou búsqueda de 531 persoas nas 330 actuacións marítimas atendidas durante o 2015. O ámbito de actuación deste centro de Salvamento inclúe a Costa da Morte xunto co resto da costa galega, exceptuando as zonas próximas a Vigo e A Coruña onde teñen o seu propio centro. Por outra parte, o número total de buques controlados polo Dispositivo de Separación de Tráfico de Fisterra foi de 35.749.
Estas cifras despréndense dos datos presentados onte na Coruña pola ministra de Fomento en funcións, Ana Pastor, quen fixo un balance da actividade desenvolvida pola Sociedade de Salvamento e Seguridade Marítima ao longo do 2015. Durante o acto, Pastor explicou que un total de 15.566 persoas recibiron o ano pasado o auxilio das diferentes unidades de Salvamento Marítimo nas costas de todo o territorio nacional.
A maior parte da actividade do 2015 de Salvamento Marítimo estivo relacionada co salvamento de vida no mar - en concreto 4.437 actuacións -, otras 669 intervencións dirixidas a garantizar a seguridade marítima e 356 relacionadas coa protección do medio mariño.
Aquí vemos algunhas das emerxencias vividas, varias acontecidas no noso mar:
Heiporto de Rubio
Tamén saíu a colación o tema do heliporto de Lires, e a Ministra botou balóns fóra sinalando que "os informes técnicos desaconsellan o uso da Base de Salvamento da Costa da Morte". As pregunta que nos facemos son: "por que os informes técnicos non o dixeron antes de construíla?. Por que nunca se propón o porto de Brens como Base de Salvamento?
Novas relacionadas- A tráxica e real historia, erro tras erro, do inoperante heliporto de Salvamento da Costa da Morte.
- 30-12-2015: Desaparece outro peregrino na costa fisterrá.
- 22-10-15: Atopado o corpo do Policía Nacional desaparecido no Cabo Fisterra/a>.
- 20-10-15: Despregado un completo dispositivo de busca por un Policía Nacional desaparecido no Cabo Fisterra.
- 14-10-15: Continúa desaparecido o tripulante da embarcación afundida fronte a Malpica.
- 07-10-15: Aparece o corpo do mozo de Lires no seu vehículo no fondo do mar de Cee.
- 18-06-15: Tarde tráxica: Un falecido na praia do Ézaro e aparece un cadáver no mar de Fisterra.
- 01-06-15: Desaparece un novo peregrino no mar de Fisterra.
- 06-02-15: Aparece o corpo dunha muller nas rochas do Cabo Fisterra.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
- Salvamento Marítimo