Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O CIM de Cee convoca un concurso de carteis contra a violencia de xénero

O CIM de Cee convoca un concurso de carteis contra a violencia de xénero
cim cee Con motivo do día internacional para a eliminación da violencia de xenéro, que será o vindeiro 25 de novembro, o O CIM – Centro de Información á Muller – de Cee pon en marcha a oitava edición do concurso de carteris contra a violencia de xénero. Poderán participar todos aqueles que o desexen que sexan maiores de 14 anos - e os menores de 14 anos coa autorización dun titor ou titora - coa técnica que se queira para a realización do cartel. O traballo deberá incluir un lema relativo á non violencia ou indicativo do día 25 de novembro. Os traballos presentaranse antes do 11 de novembro no Rexistro Xeral do concello de Cee ou tamén se poden enviar por correo postal. Deberán ir nun sobre pechado no que figure o lema do cartel e debe conter os datos persoais do participante e fotocopia do DNI. Haberá tres premios en metálico. Un de 120€ para a 1ª categoría (maiores de 18 anos); un de 100€ para a 2ª categoría (alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato) e un de 80€ para a 3ª categoría (alumnado de 4º, 5 e 6º de primaria e 1º da ESO). O xurado terá en conta a orixinalidade na composición, a calidade do traballo e a mensaxe. Os interesados en participar pode informarse no Centro de Información ás Mulleres situado na rúa Domindo de Antonio de Andrade, nos números de teléfono 981 745 100 ou 607 026 795 ou no enderezo electrónico [email protected]. Outras actividades Ademais do concurso, o CIM organiza unha campaña de sensibilización que se realizará a través da entrega de bolsas de papel que levarán impresa unha mensaxe contra a violencia de xénero. As bolsas repartiranse en todas as panadarías do concello. Outras das actividades será unha exposición de carteis contra a violencia de xénero que se pode ver no centro social de Cee entre os días 18 e 30 de novembro. Os días 21 e 22 de novembro, Ana Hermida impartirá a sesión de contacontos "Contando en feminino" dirixida aos alumnos e alumnas dos centros de ensino de Cee. Os primeiros en asistir serán os estudantes de educación infantil do CEIP Eugenio López, CPR Manuela Rial Mouzo, E.E.I. Pereiriña e CEIP Igrexa de Brens. A sesión será o día 21 de novembro ás 10:30 horas na casa da Cultura de Cee. E ao día seguinte - 22 de novembro - será o turno do alumnado do CEIP Eugenio López e CPR Manuela Rial Mouzo. Tamén ao longo deste mes de outubro e do de novembro, Iria Piñeiro impartirá charlas nas que tratarán sobre a igualdade baixo o título "Ciberacoso e seguridade nas redes sociais". Os destinatarios destas charlas son alumnos e alumnas de 1º, 2º, 3º, 4º da ESO do IES Fernando Blanco, IES Agra de Raíces e CPR Manuela Rial Mouzo e 6º de educación primaria do CEIP Eugenio López. Concentración E xa o día 25 de novembro, o CIM de Cee organiza unha concentración que terá lugar ás 12 horas na praza 8 de marzo onde se lerá o manifesto 8 de marzo.   Novas relacionadas Fonte

Comentarios