Luns. 07.10.2024
El tiempo

O comité de empresa recurre os servizos mínimos impostos por Ferroatlántica para a folga

O comité de empresa recurre os servizos mínimos impostos por Ferroatlántica para a folga
O Comité de Empresa de Ferroatlántica Cee, Dumbría, Centrais Hidroeléctricas recurrirá ante o xulgado do social da Coruña a imposición por parte da empresa duns servizos mínimos abusivos. Na reunión mantida o venres coa dirección da empresa non se chegou a acordo sobre os servizos mínimos necesarios para poder desenvolver con normalidade a xornada de folga convocada para o vindeiro 10 de marzo desde ás 6 horas ata ás 6 horas do día seguinte collendo deste xeito as tres quendas completas de traballo de mañan, tarde e noite. Segundo sinalan os traballadores "o Comité de Empresa presentou unha proposta que ademais de garantir a maior participación posíbel a toda a plantilla, cumpría cos requisitos establecidos na lexislación de manter un servizo de seguridade e mantemento das instalacións para que unha vez rematase a xornada de folga se puidese reiniciar a actividade con toda normalidade e que non foi aceptada pola empresa". Por este motivo, os representantes dos traballadores consideran que a empres "está a impedir o dereito que os traballadores teñen a folga para protestar contra a decisión de querer vender ilegalmente as nosas centrais hidroeléctricas, unha acción mais que hai que sumar a campaña de manipulación mentiras a que a empresa xa nos ten acostumados". A pesar destos servizos abusivos, o comité de empresa asegura que non van impedir a xornada de folga nin a manifestación prevista para o mesmo venres que sairá da fábrica de Cee ata a casa do concello de Cee ás 19:30 horas á que están chamada a participar toda a cidadanía. Informe xurídico Por outra parte, está previsto que mañá ás 11:30 horas teña lugar na reitoría da Universidade da Coruña (rúa da Maestranza, número 9) unha rolda de prensa na que se dará a coñecer o informe xurídico elaborado pola universidade a respecto da posibilidade, consecuencias e condicións da transmisión dos aproveitamentos dos que Ferroatlántica e titular nos ríos Xallas e Grande. O estudo foi realizado - a instancias do comité de empresa - polo profesor titular de dereito administrativo e Secretario Xeral da UdC, Carlos Aymerich.

Artigos relacionados

Novas do #CasoFerroatlántica

  Fonte

Comentarios