Xoves. 10.10.2024
El tiempo

O Comité de Ferroatlántica avisa a Brookfield mentres Larrea segue presionando a través da prensa

O Comité de Ferroatlántica avisa a Brookfield mentres Larrea segue presionando a través da prensa
Oficinas das Centrais Hidroelectricas de FerroatlaOficinas das Centrais Hidroelectricas de Ferroatlantica no Ezarotica no Ezaro Oficinas das Centrais Hidroelectricas de Ferroatlantica no Ezaro Mentres o Consejero Pedro Larrea segue metendo presa na prensa aos traballadores para que acepten o convenio de venda das centrais hidroeléctricas a Brookfield, para presentarllo feito á Xunta e que esta poida anular os seus propios compromisos, o Comité segue movendo ficha, coa folga xa preparada para o 10 de marzo e a pesar das ameazas da dirección do perigo que suporía interromper a actividade, dando “semanas e e non meses” para a solución do conflito..

Outro dos movementos do Comité foi poñerse en contacto coa empresa canadiense “Brookfield Renovables en Europa”, que vén de facer esa oferta de 255 millóns de euros brutos polas centrais hidroeléctricas do Grupo Ferroglobe. Se ben é certo que aínda non recibiron resposta, o Comité quixo deixarlle claro de antemán á empresa que está en contra da venda dos encoros e centrais do río Grande e Xallas, pois “poñen en perigo a supervivencia da única empresa que nos queda na comarca e destruíndo os tan necesarios postos de traballo”.

O comité lembra que as concesións administrativas foron feitas precisamente en base a protexer e consolidar o empresa na comarca, estando ”condicionadas á xeración de enerxía para producir ferroaliacións”. Lembra que a construción de encoros e centrais (como as 3 minicentrais que están en fase execución por parte de Ferroatlántica, contrapoñéndose a intención de venda e supoñendo un investimento de 32 millóns de euros) foron realizadas a base de expropiacións por ser obras declaradas de utilidade pública.

En todo caso, o Comité quere “advertille” ás empresas os seguintes puntos:

  • Esta venda supón un fraude de lei e que os traballadores nunca aceptaremos a segregación das centrais e as fábricas, porque tal separación, de consumarse, provocaría unha situación de inestabilidade no emprego que levaría ó peche a curto prazo das fábricas.
  • Que non é certo o que anuncia Ferroatlántica na presa dicindo que as negociacións de venda segregada están moi avanzadas cos representantes dos traballadores e sindicatos. Este Comité nunca negociará a segregación das centrais e das fábricas.
  • Que esta venda, de producirse, incumpliría a Resolución do 21 de marzo de 1994 da DireccióN Xeral de Obras Públicas da Xunta de Galicia que vincula a produción de enerxía eléctrica e a actividade de ferroalaxes como condición esencial da concesión.
  • O Parlamento de Galicia ten corroborado a condición de non segregación, ratificando así as indicacións do Conselleiro de Industria en 1992, nas que se refería á existencia dun Interese Público e un Interese Xeral dese Servizo Público.
  • Todas estas condicións foron aceptadas nun principio por Ferroatlántica pero interpuxo un recurso contenciosos administrativo diante do TSXG que o 09/05/1996 falla en favor da Xunta, e volve desestimar o recurso da empresa o 15/10/2001..
  • O Presidente da Xunta recoñeceu o 22/11/16 a existencia de sentenzas firmes que impiden a segregación.

En todo caso, o Comité invita a Brookfield a manter unha reunión para informar de todos estes datos persoalmente.

Artigos relacionados

Novas do #CasoFerroatlántica

  Fonte

Comentarios