Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Comité de Ferroatlántica insiste en que a solución ten que ser política

O Comité de Ferroatlántica insiste en que a solución ten que ser política
O Comité con Feijoo o pasado mes de abril O Comité con Feijoo o pasado mes de abril Marcha a pe de Ferroatlantica a Compostela

Quedan un par de días para que o Comité de Empresa de Ferroatlántica Cee-Dumbría CCHH, e todos os veciños que queiran unirse, arrinque a súa marcha a pé a Compostela. Serán 4 días para facer os 74km que separan Cee da Alameda, dende onde partirá o sábado 8 de xullo ás 12:00h unha gran Manifestación para esixir a Xunta que non permita a segregación das actividades de produción de ferroaliaxes e explotación hidroeléctrica que pide Ferroatlántica.

Mentres, as asembleas celebradas a pasada semana serviron para analizar a situación e explicar aos os detalles das alegacións presentadas polo Comité en contra da solicitude de Ferroatlántica para a autorización administrativa para o cambio de cotitularidade e a supresión da prohibición de segregación de actividades.

O Comité reitera unha vez máis que é a Xunta a que ten a tixola polo mango e que “non ten obriga legal ningunha de acceder a petición da empresa. Por iso, na propia solicitude a empresa fala de revogación e non de anulación, xa que existen sentenzas firmes avalando a legalidade e pertinencia das cláusulas que acompañan a concesión dos saltos de auga”.

Nese sentido, deixan claro que é “decisión puramente política. Se a Xunta accede a suprimir a prohibición de segregar ambas actividades será por decisión política e deberá achegar unha sólida xustificación de cal é o interese público que xustifica esta medida. Pois precisamente garantir o emprego e a actividade das fábricas de ferroaliaxes é o obxectivo desta obrigada vinculación. As centrais son o complemento idóneo da produción de ferroaliaxes, a natureza cíclica e complementar de ambas as dúas actividades é a que xustifica o seu mantemento. Parece que o grupo quere vender á sociedade que agora as centrais son unha carga económica, cando, en toda a súa historia, os saltos de auga sempre deron beneficios (que, por certo, non foron reinvestidos na mellora e modernización das fábricas)”.

Do mesmo xeito, quere deixar claro que “Ferroatlántica non ten a propiedade dos ríos, só unha concesión administrativa, a súa liberdade é a mesma que pode ter calquera outra empresa interesada en adquirir os saltos e o complexo industrial”.

Seguen sen crer os traballadores o plan industrial presentado pola empresa e seguen pensando que a segregación provocaría o peche paulatino das fábricas.

Arteixo...

Así mesmo, o Comité costeiro “lamenta profundamente que o Concello de Arteixo, co seu alcalde á cabeza, pida garantías de investimentos para as plantas do grupo no polígono de Sabón, pero non teña a mínima consideración por esixir que eses investimentos non supoñan deixar na ruína a unha comarca enteira. O Concello de Arteixo debería esixir á empresa que cumpra os seus compromisos pero sen vinculalos á venda das centrais. No hai que esquecer que esta dependencia só apareceu cando a empresa fixo públicas as pretensións de vender as centrais e se atopou de fronte coa oposicións dos traballadores e a cidadanía da Costa da Morte.”

Novas do #CasoFerroatlántica

Artigos relacionados

  Fonte

Comentarios