Sábado. 21.09.2019
El tiempo

O Comité reclama á Xunta que lle esixa a Ferroatlántica cumprir o compromiso de contratación da empresa ligado ás novas minicentrais

O Comité reclama á Xunta que lle esixa a Ferroatlántica cumprir o compromiso de contratación da empresa ligado ás novas minicentrais
Concentracion as portas da fabrica de Brens dos traballadores de Ferroatlantica 13-06-18 2 Concentración deste pasado mércores ás portas de Ferroatlántica

Semana importante para o conflito laboral nas sedes de Ferroatlántica na Costa da Morte. Onte, os traballadores volvían realizar unha concentración ás portas da fábrica de Brens. Mañá teñen reunión clave coa dirección da empresa para desbloquear a negociación do convenio colectivo fóra do polémico Acordo Marco. E hoxe tiveron reunión coa Xunta.

Unha reunión, celebrada esta mañá de xoves 14 de xuño, entre o Comité Ferroatlántica Cee-Dumbría-Centrais Hidroelécticas, o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, e o xefe territorial da Consellaría de Industria, Isodoro Martínez, para informarse sobre os trámites para a autorización das tres novas minicentrais solicitadas pola empresa.

O proxecto dos 3 saltos no río Xallas (A Fervenza II, Novo Castrelo e Ponte Olveira II), vén de 2009 pero foi finalmente aprobado en 2012. Pero atopouse cun gran reixetamento de colectivo medioambientais e mesmo do propio BNG, pois o río xalleiro é un dos máis explotados do país con xa 8 as minicentrais e 4 os encoros construídos en 9 quilómetros de curso do río.

En todo caso, o plan atópase na fase final de autorización, só pendente da última rúbrica, unha vez que xa superou todos os requerimentos medioambientais. De feito, as minicentrais están xa funcionando en “período de proba”, á espera de ter a definitiva autorización para producir.

Onde están os 5 novos postos de traballo?

Mentres a empresa xa está tirando de subcontratas (coa precariedade intrínseca das mesmas) para facer o mantemento das novas centrais, o Comité o que lle pide á Xunta que esixa da Dirección é que cumpla os compromisos de contratación que expuña no argumentario da idoneidade da construción destas centrais. Un compromiso do 15%, que, dun cadro duns 35 traballadores, pode significar a contratación de 5 novos contratos.

Lembran dende o Comité que durante a súa construción apenas houbo 30 contratos temporais, e non os 700 dos que chegou a falar a Xunta para autorizala.

O delegado territorial da Xunta e o xefe da Consellaría de Industria na Coruña comprometéronse a dar traslado ao conselleiro destas cuestións para que faga as xestións oportunas coa empresa.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-bng-esixelle-a-xunta-que-paralice-calquera-especulacion-das-minicentrais-hidroelectricas-do-xallas/

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/os-traballadores-de-ferroatlantica-mantenen-o-pulso-dous-dias-antes-dunha-reunion-coa-direccion/>

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios