Martes. 11.08.2020
El tiempo

O Concello de Cee agradece a colaboración coa rapazada saharaui

O Concello de Cee agradece a colaboración coa rapazada saharaui
O departamento de Servizos Sociais do Concello de Cee vén de emitir unha nota na que pretenden transmitir moito agradecemento “pola desinteresada colaboración de todas as farmacias e parafarmacias de Cee”, logo de doar para a comunidade saharaui medicamentos e productos hixiénico-sanitarios. Os productos foron trasladados cara o Sáhara a través dos propios nenos, que pasaron o verán en Cee e xa voltaron á súa terra o pasado 1 de setembro. Entre a valiosa axuda humanitaria había productos como analxésicos, antidiarreicos, colirios, pasta de dentes, cepillos, desinfectantes, biberóns, chupetes…

Novas relacionadas

Fonte

comentarios