luns. 13.01.2025
El tiempo

O Cruceiro Le Soleil volve facer o #tocoemarcho na Costa da Morte

O Cruceiro Le Soleil volve facer o #tocoemarcho na Costa da Morte
O Cruceiro Le Soleil polo Cabo Fisterra-Foto-Dario Gomez

Volveu o Cruceiro Le Soleil pola Costa da Morte, pero a verdade non sabemos se denominalo o segundo cruceiro que pasa por aquí, porque a pesar de non facerlle unha recepción como a do ano pasado en clave "Bienvenido, Mr. Marshal”, volveu facer o "tocoymecoy".

O Cruceiro atracou no porto de Brens, pero apenas unha hora despois zarpou xa cara a Coruña, mentres os 200 cruceristas colleron un bus e arrincaron para Santiago sen tomar nin un café na comarca…

Iso si, deixou estampas fermosas pola zona, coma estas que cazou Darío Gómez dende o Cabo Fisterra.

O Cruceiro Le Soleil polo Cabo Fisterra-Foto-Dario Gomez O Cruceiro Le Soleil polas Illas Lobeiras-Foto-Dario Gomez

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios