Martes. 27.10.2020
El tiempo

O Entroido de Cee bailou a ritmo da Rueirada

O Entroido de Cee bailou a ritmo da Rueirada
Ateigado o pavillon para o Entroido de Cee-Foto-Rafa Quintans Ateigado o pavillon para o Entroido de Cee-Foto-Rafa Quintans

Cee pechou o seu entroido, como xa é habitual no Sábado de Piñata, co Concurso de Fisfraces nas categorías de parellas, carrozas e comparsas. Notable afluencia de público tanto polas rúas da vila coma no pavillón municipal, a pesar das malas condicións meteorolóxicas da fin de semana. O desfile de carrozas estivo moi deslucido polo tempo, e nel asistimos a temáticas moi diversas con guiños ás culturas rusa ou chinesa, ademais do afundimento do Titanic.

Xa no pavillón, as tres parellas participantes e as nove comparsas desfilaron por diante dunha bancada ateigada. ata a bandeira. O acto estivo presentado por Paco G. Cobas, do programa da TVG “Pillados nas patacas”, acompañado de Víctor Castiñeira, o verdadeiro armadanzas destas actividades. E en canto a comparsas, 9 grupos batiron todas as marcas do certame da vila da Xunqueira, pois participaron equipos chegados dende o propio concello de Cee, coma Gures ou Lires, de Fisterra, Louro, Ponte do Porto, Vimianzo, Corcubión ou Dumbría. Algunhas xa pasaran por outros entroidos, pero outras facían a súa estrea.

Paco G Cobas e Victor Castineira no Entroido de Cee-Foto-Rafa Quintans Paco G. Cobas e Victor Castiñeira no Entroido de Cee-Foto-Rafa Quintans Rueirada ganou o Concurso de Comparsas de Cee-Foto-Rafa Quintans Rueirada gañou o Concurso de Comparsas de Cee-Foto-Rafa Quintans

Os grandes triunfadores da tarde foron os membros da comparsa A Rueirada de Louro, que co seu espectáculo de baile ruso, gañáronse o recoñecemento do público e dos membros do xurado, e levou os mellores premios, o da Mellor Carroza e o da Mellor Comparsa, sumando un total de 1200€ en premios. Os dumbrieses Buxantes Calidade e Os da Charca de Fisterra foron as outras comparsas gañadoras, repartíndose o resto de premios. Os fisterráns foron a 2ª mellor comarsa coa 3ª mellor carroza, ao revés que os dumbrieses.

Por detrás, tamén levaron premio Los Niños de Coro de Fisterra, a Aldea Gala de Lirex e o Titanic de Gures, Alicia no País das Marabillas de Corcubión, os Imos contar un conto da Trubisquiña de Vimianzo e Ponte a Bailar, da Ponte do Porto. Ademais foi total a participación dos pequechos, fóra de concurso, dos Mini StarWars, que fixeron as delicias dos veciños.

Os Ministar Wars de Cee-Foto-Rafa Quintans Os Ministar Wars de Cee-Foto-Rafa Quintans Os da Charca de Fisterra no Entroido de Cee-Foto-Rafa Quintans Os da Charca de Fisterra no Entroido de Cee-Foto-Rafa Quintans Buxantes Calidade no Entroido de Cee-FotoBuxantes Calidade no Entroido de Cee-Foto-Rafa Quintans-Rafa Quintans Buxantes Calidade no Entroido de Cee-Foto-Rafa Quintans Los Ninos del Coro no Entroido de Cee-Foto-Rafa Quintans Los Niños del Coro no Entroido de Cee-Foto-Rafa Quintans Lirex no Entroido de Cee--Foto-Rafa Quintans Lirex no Entroido de Cee--Foto-Rafa Quintans Alicia no Pais das Marabillas de Corcubion no Entroido de Cee-Foto-Rafa Quintans Alicia no Pais das Marabillas de Corcubion no Entroido de Cee-Foto-Rafa Quintans Titanic de Gures no Entroido de Cee-Foto-Rafa Quintans Titanic de Gures no Entroido de Cee-Foto-Rafa Quintans A Carroza do Titanic de Gures-Foto-Rafa Quintans A Carroza do Titanic de Gures-Foto-Rafa Quintans Entroido de Cee-Foto-Rafa QuintansEntroido de Cee-Foto-Rafa Quintans Festa final do Entroido de Cee-Foto-Rafa Quintans  

Novas relacionadas

Máis novas entroideiras

Fonte

comentarios