Venres. 30.10.2020
El tiempo

O grupo popular esíxelle a Ferroatlántica que manteña os postos de traballo

O grupo popular esíxelle a Ferroatlántica que manteña os postos de traballo
A de Cee é unha das maiores fábricas europeas de ferroalineacións A de Cee é unha das maiores fábricas europeas de ferroalineacións Primeiro foron os sindicatos e o BNG e agora súmase o Partido Popular. Os de dereitas apoiaron na tarde de onte a aprobación no Parlamento dunha proposición non de lei a través da que se esixe a Ferroatlántica o mantemento da actividade produtiva e dos postos de traballo na fábrica de Cee. Así mesmo, a iniciativa demanda que a Xunta adopte as medidas legalmente adecuadas para evitar a segregación das actividades de produción de enerxía eléctrica e ferroaleacións por parte de Ferroatlántica, sen que estas afecten aos fluxos de enerxía eléctrica que deberán respectar as esixencias regulamentariamente establecidas para a adecuada operación do sistema eléctrico. O portavoz de Enerxía do Grupo Popular, Hipólito Fariñas, subliñou que este acordo “deixa clara a posición de que este Parlamento está a favor da non segregación por Ferroatlántica das actividades de produción de enerxía eléctrica e ferroaleacións”, ao tempo que a segregación empresarial “non ten nin debe ter nada que ver cos fluxos de enerxía”. “Para conseguir este fin, así como o mantemento dos postos de traballo, o máis importante é garantir a actividade de produción en niveis axeitados á realidade actual, máis que a compromisos que se poidan quedar curtos ou, incluso anticuados”, apuntou Fariñas. Neste sentido, lembrou que a fábrica acadou en 2014 a súa marca de produción histórica e en 2015 mantivo o alto ritmo de produción. Novas relacionadas Fonte

comentarios