O helicóptero non volverá á base de Lires


Vai pechar definitivamente a base do helicóptero de Lires?, preguntabámonos o pasado mes de marzo. Pois hoxe, o BNG informa, con “indignación” que o Goberno estatal, que aínda ten as competencias en materia de Salvametno Martítimo, vén de confirmar o desmantelamento da base de Salvamento de Rubio, Lires, Cee. Así responde o PP á pregunta no Congreso realizada polo BNG: “o helicóptero de rescate no mar, definitivamente é trasladado ao aeroporto de Santiago”, baixo a xustificación de “que a operatividade na base de Cee está restrinxida pola Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA) a voos diúrnos”.
É dicir, a base de Salvamento foi construída nun lugar onde non se pode saír a metade das veces, (cando hai un pouco de néboa non pode saír, de noite non pode saír, cando hai vento forte non pode saír…) e agora nin sequera anuncian a parada de operacións. Pero, quen decidíu logo a ubicación? Houbo alguén que se aproveitou da venda dos terreos?
O caso é que o investimento de 2 millóns de euros non vale para nada, outra infraestrutura máis realizada sen sentido.
Ademais,un dos corredores marítimos internacionais con máis riscos de accidentes por volume de tráfico segue indefensa. Di agora a Xunta que as maniobras dende Santiago supoñen unha “mellor alternativa porque permite atender emerxencias as 24 horas do día”. Daquela, que sentido tiña a base de Lires? Non aforraríamos tempo de chegada e gañaríamos en combustible para facer máis longas as maniobras? Por que non recuperan a idea da base loxística de Salvamento no Porto de Brens.
Novas relacionadas
- 28-03-14: Vai pechar definitivamente a base do helicóptero de Lires?.
- 06-03-14: Preocupación pola paralización do heliporto de Lires.
- 18-11-13: Por unha base loxística de Salvamento propia no porto refuxio de Brens.
- 23-09-11: En marcha o heliporto de Lires ante as fotos dos políticos.
- 31-03-2010: Fomento recupera a base de Salvamento de Lires que rechazou a Xunta .
- 31-05-09: A Costa queda sen o seu helicóptero de Salvamento.
- 07-03-08: A Costa terá unha nova base de Salvamento Marítimo.
- 09-10-07: Fisterra pode albergar unha base de helicópteros.
Outras novas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected])
- Nota de prensa do BNG de Costa da Morte.