mércores. 19.03.2025
El tiempo

O IES Agra Raíces vólcase coa Solidariedade

O IES Agra Raíces vólcase coa Solidariedade
Alumnos do IES Agra Raices co Deporte Solidario

Non paran no IES Agra Raíces de Cee, e despois de volver dunha desas viaxes que serven para abrir mentes, continúan coa campaña do “Agrasolidario”. Xa no primeiro trimestre armaron un fantástico Rastro Solidario no que recadaron máis de 2.500€. Agora, toca deporte, e xa teñen unha cita preparada para o sábado 31 de maio.

Pero máis alá do deporte en si, que importante ver como un centro de ensino enteiro se volca en actividades extraescolares tan educativas e solidarias. Tanto os mestres como o alumnado están tremendamente ilusionados con estas citas, e por iso só cómpre felicitalos.

Os profes do IES Agra Raices co AgraSolidario

Cita co Deporte Solidario

Cita co Deporte Solidario no Agra Raices

Esa xornada de “Deporte Solidario”, que terá lugar en Pavillón Municipal de Cee, tratará de aunar varias disciplinas deportivas, e tratará de recadar, a través dos donativos na entrada, fondos para destinalos na súa integridade aos Servizos Sociais, igual que ocorreu co Rastro e demais achegas de particulares e empresas.

O día 31 as actividades comezarán ás 11:00h no pavillón ceense cunha exhibición do ACB Costa da Morte. De seguido haberá un partidazo entre o FSF Vila de Cee feminino e o equipo de Cadete do Dumbría, xa ás 12:30h.
A capoeira abrirá a sesión de tarde ás 16:30h, dando paso a unha masterclass de Combat e outra de Dance Fitness. Xa á 19:30h toca exhibición de patinaxe das campionas galegas de artístico do Club Campus Stellae, e para rematar o club Arte e Movemento fará unha exhibición de varias das súas disciplinas.

Todos os equipos participan de forma voluntaria.

Un sorteo

Entre os asistentes sortearase unha Mountain Bike, un MP4 táctil 4Gb, unha Tablet 7” e unha memoria USB 16Gb. Todos os menores de 12 anos teñen a entrada gratuíta, para o resto pídese un pequeno donativo de 3€ que permite participar en todas as masterclass, exhibicións e sorteos.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios