O Mes da Fundación trae a música rusa a Cee
08:09 08/10/16
O duo Aranjuez e Irina Kazimirskaia ofreceron un concerto na casa da Cultura de Cee
Onte arrancou o programa de actividades para os centros escolares de Cee que contempla o Mes da Fundación - organizado pola Fundación Fernando Blanco de Cee -. Diso encargouse o dúo Aranjuez e Irina Kazimirskaia - procedentes de Rusia - que compartiron as súas músicas cun ateigado auditorio da casa da Cultura de Cee, que encheron alumnos e alumnas de 3º, 4º e 5º de primaria dos colexios Eugenio López, Manuela Rial e Praia de Quenxe, así como usuarios e usuarias da asociación ASPADEX.
Este concerto didáctico deste dúo de virtuosos da guitarra puxo en escena varios estilos musicais de América Latina, España ou Rusia, así como temas actuais ou bandas sonoras de películas. A actuación encádrase dentro do encontro Internacional de Música de Pulso e Púa, organizado pola asO conociación cultural Pórtico das Artes da Coruña, e, á través do concello de Cee, cédese anualmente á Fundación Fernando Blanco para que forme parte do seu programa de actividades escolares.
Actividades para hoxe
A programación para o público xeral continúa hoxe cunha conferencia sobre “Os outros habitantes de Galicia: mouros e mouras na Costa da Morte” que ofrecerá Mar Llinares García – doutora en Xeografía e Historia pola USC –. A cita será ás 20:30 horas na casa da Cultura de Cee e a entrada é de balde.
Novas relacionadas
- 2016: Os Relatos da Fundación Fernando Blanco (VI)
- 2016: Os Relatos da Fundación Fernando Blanco (V).
- 2016: Os Relatos da Fundación Fernando Blanco (IV)
- 2016: Os Relatos da Fundación Fernando Blanco (III)
- 2016: Os Relatos da Fundación Fernando Blanco (II)
- 2016: Os Relatos da Fundación Fernando Blanco (I)
- 2016: Os Debuxos da Fundación (II)
- 2016: Os Debuxos da Fundación
- 2015: Os debuxos da Fundación (II)
- 2015: Os debuxos da Fundación Fernando Blanco (I).
- 2015: Os Relatos da Fundación Fernando Blanco (II).
- 2015: Os Relatos da Fundación Fernando Blanco (I).
Máis novas
- O Mes da Fundación continúa coa música e cunha conferencia sobre a historia de Galicia
- Arranca o Mes da Fundación cunha conferencia sobre a arquitectura
- Conferencias, música, monólogos, obradoiros e conta contos protagonizan o Mes da Fundación
- QPC volverá publicar os Relatos e Debuxos premiados da Fundación Fernando Blanco
- Bazarra apoia por quinto ano a actividade cultural da Fundación Fernando Blanco
- Cee volve celebrar “o mes da Fundación” para alumnos e público en xeral
- A Fundación Fernando Blanco renova as súas becas coa axuda de Bazarra
- Primeira fornada de becarios da Fundación Fernando Blanco.
- O Museo da Fundación Fernando Blanco vólvese salvar polo apoio empresarial.
- O Unión Club Cee segue acadando apoios empresariais como o de Bazarra.
- Olimpia xa ten gasoliña para correr.
- Bazarra.com, moito máis que a web dunha gasolineira:
- A fotografía toma o museo Fernando Blanco.
- Expoñendo a arquitectura de Domingo Antonio de Andrade.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)