O pleno de Cee apoia a Tarifa Eléctrica Galega e rexeita o cambio de nome do Eugenio López
Unha quincena de traballadores de Ferroatlántica estiveron presentes durante o pleno de onte no Concello de Cee, que estaba presidido pola tenente de alcaldesa, Nela Leis, ao estar Zaira Rodríguez en Fitur. Estaban para comprobar o posicionamento dos partidos na moción que presentaba o BNG sobre a Tarifa eléctrica galega, unha loita que xa levaron ata as rúas. I é que vailles no seu posto de traballo, pois a empresa da zona que polo seu consumo eléctrico, pode ser vítima do actual panorama do mercado eléctrico é a Ferroatlántica.
A moción do BNG instaba ao concello a esixir á Xunta a crear a Tarifa Eléctrica Galega para os grandes consumidores, “para salvagardar a pouca industria existente e que dentro dun ano, na nova poxa, non corramos o risco de que pase algo similar ao ocorrido con Alcoa fai pouco”. Porque un ERE en Ferroatlántica, por non falar dun peche, sería catastrófico para Cee e bisbarra, e non só para os afectados/as directamente.
Así, a moción foi finalmente aprobada en pleno por 4 votos a favor de BNG e os tres edís non adscritos, 4 abstencións de IxCee, e tres votos en contra de PP.
Máis mocións
Tamén chegaba ao pleno, por urxencia, a a situación laboral na piscina de Cee, que foi aprobada cos votos a favor do BNG e dos edís non adscritos, cos votos en contra do PP e a abstención do PSOE. O BNG e a CIG denunciaron que trala compra da anterior empresa, Aquacenit, por outra, “estase a imcumprir o prego de condicións tendo en conta que a compra-venda non pasou polo pleno; que o traballador de mantemento está a 28 horas cando debería estar a 40; que a empresa ten catro expedientes sancionadores de inspección de traballo; e que non se respeta o cadro de persoal do prego pola ausencia de dúas persoas como monitores infantís”, sinala o promotor da moción.
Razóns polas que a CIG pide que “a empresa desista da súa actitude, ou polo contrario, o concello rescate a concesión”.
Tamén saía en pleno a moción do BNG que pide que adicar o mes de febreiro a Rosalía de Castro a prol da lingua galega. Esta foi aprobada por unanimidade.
A que non saíu, rexeitada polos votos en contra de IxCee e PP, foi o cambio de nome do Colexio Eugenio López polo de Baldomero Cores, e o goberno insistiu na convocatoria dunha comisión que estude pór o nome a unha rúa ou o auditorio da casa da cultura. O BNG segue pensando que o Eugenio López contravén a lei de memoria histórica.
Ademais, no apartado de rogos e preguntas, o BNG entregou a cada portavoz dos grupos, un regulamento de participación cidadá para o seu estudo.
Novas relacionadas
- Propoñen adicar o mes de febreiro ceense a Rosalía de Castro a prol da lingua galega.
- Denuncian a situación laboral na piscina de Cee.
- 19-12-14: Por unha Tarifa Eléctrica Galega.
- A CIG exise una tarifa eléctica galega que manteña o tecido industrial e o emprego:.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).