Venres. 19.04.2024
El tiempo

O poder dunha comunidade de fieis

O poder dunha comunidade de fieis

Non podemos deixar de facernos eco do que se vivíu esta pasada fin de semana en Vilanova. A Costa da Morte comprobou o poder da unidade, da comunidade e da fe. En 4 días, como vemos na evolución das fotos de abaixo, os Testigos de Xehová da Costa da Morte levantaron un edificio enteiro para poder organizar eventos onde colla toda a familia de Xesús. I é que o local que tiñan na "milla de ouro" de Corcubión xa lles quedaba pequeno.

Chámano o Salón do Reino, posto que o labor que realizan é falarlles do Reino de Deus, un tema que aparece de xeito recorrente nas Sacras Escrituras.

O máis salientable é que esta construción leva a cabo a través de moitos voluntarios, Testigos de Jehová, que teñen experiencia en oficios relacionados coa construción e que gustosamente e de xeito altruísta achegan o seu coñecemento en beneficio doutros. Nestes casos traballan só os fins de semana e días festivos, e así o desenvolveron durante esta fin de semana, na que "a pesar do mal tempo reinante e dos abundantes chuvascos, a construción púidose levar a cabo segundo o previsto", como nos conta Nacho Castanedo. "Empezouse o xoves pola tarde co peche perimetral do edificio que consistía na preparación de toda a estrutura de madeira. O venres pola mañá, levou a cabo a colocación das cerchas do tellado, un labor de enorme vistosidade e que requiriu gran pericia".

Construcion do Salon do Reino dos Testigos de Xehova en Cee 2 Construción do Salón do Reino dos Testigos de Xehová en Cee- Domingo 4 de novembro

Pero iso si, efectuar tanto traballo en tan pouco tempo, consome moita enerxía e para iso algúns voluntarios dispostos e cualificados preparaban, ao longo do día, nutritivas comidas das que puideron gozar todos os "traballadores" nunha carpa preparada para tal fin.

Xantar durante a Construcion do Salon do Reino dos Testigos de Xehova en Cee

De toda a península

Aínda que algúns voluntarios viven nesta zona, outros proveñen de diferentes partes de Galicia e o País Vasco. Concretamente o venres, un grupo procedente do País Vasco que teñen destreza en montaxes similares trasladouse a esta bonita zona de Costa da Morte para poder botar unha man.
O sábado procedeuse a colocar as paredes, tézalas e a distribución interior do edificio.
Foi o día de maior afluencia. Uns 250 voluntarios, homes e mulleres, traballaron de xeito simultáneo tanto dentro como fose do edificio. Todo isto require moita planificación previa, pero os resultados merecen a pena.

E tamén se realizou un gran traballo á hora de hospedar a eses voluntarios. Para iso, os testigos de Jehová desta zona, brindaron os seus fogares para poder acoller a "compañeiros" que veñen botar unha man co proxecto. Adicionalmente, contan coa colaboración dalgúns hoteis que proporcionaron condicións vantaxosas.

O local estará rematado o vindeiro 18 de novembro, para o que traballarán as vindeiras fins de semana. Así xa poderán efectuar as reunións que "teñen como obxectivo aprender máis acerca da Biblia e coñecer mellor ao seu Autor Divino. Son reunións abertas ao público e non se efectúan colectas. Calquera persoa que desexe asistir é ben recibida", explícanos Castanedo.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios