Domingo. 03.11.2024
El tiempo

O programa CONVIVE.COMigo buscará familias en Cee para acoller temporalmente adolescentes con dificultades

O programa CONVIVE.COMigo buscará familias en Cee para acoller temporalmente adolescentes con dificultades
Reunión de Arela cos servizos sociais do Concello de Cee

A Asociación Arela vai poñer en marcha en Cee o programa CONVIVE. COMigo, que busca a captación de persoas ou familias para convivir con adolescentes que teñan que cumprir unha medida xudicial de convivencia nas provincias da Coruña e Pontevedra.

Co apoio dos Servizos Sociais municipais, o programa busca familias e persoas cunha alta sensibilidade cara a adolescencia que queiran facer unha aposta temporal por un/unha adolescente con dificultades. A través dun ambiente socializador e positivo permitiralles ás/aos adolescentes a posibilidade de modificar as circunstancias que motivaron a medida xudicial e, polo tanto, que non reincidan nos mesmos feitos, comportamentos e actitudes unha vez regresen a vivir coa súa familia de orixe.

Se estás interesado…

Os requisitos para formar parte deste programa son os seguintes: ser maior de idade, disponer dunha vivenda adecuada, estabilidade emocional, comprometerse a traballar en equipo, garantir un alto grao de dispoñibilidade, non buscar a satisfacción dun desexo de paternidade…

ARELA ofrece unha formación grupal e individual, e asesoramento, con acompañamento de profesionais e un financiamento de 40€ diarios durante os meses que permaneza o/a adolescente coa familia ou persoa. Dende a Páxina web de ARELA (www.arela.org) pódese consultar máis información sobre este programa, así como dende o seu teléfono da súa sede central, 986 21 25 37 ou a través do correo electrónico [email protected].

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/conecendo-dende-dentro-de-prision-as-cruas-consecuencias-do-consumo-de-drogas-e-a-delincuencia/ https://quepasanacosta.gal/mozos-desamparados-ao-arbitrio-da-droga-e-o-botellon/

Comentarios