sábado. 09.11.2024
El tiempo

Patxi López orgulloso do "cinturón rojo" do PSOE na Costa

PSOE Costa da MorteCEE 3
Patxi López orgulloso do "cinturón rojo" do PSOE na Costa

O auditorio da Casa da Cultura do Concello de Cee acolleu esta fin de semana a presentación das candidaturas socialistas na Costa Atlántica. Un acto ao que acudiu o voceiro socialista no Congreso, Patxi López, xunto secretario xeral do PSdeG Provincial da Coruña, Bernardo Fernández Piñeiro.

A cita supón o inicio da precampaña electoral para os comicios municipais do 28 de maio. Temas como a
reivindicación dunha Sanidade Pública xusta ou da autovía continúan a ser motivos de loita para os candidatos de Corcubión, Camariñas, Dumbría, Carnota, Vimianzo, Muxía, Fisterra e Cee.

Manuel Insua, ‘Lalo’, alcalde e candidato ao Concello de Corcubión, subliñou a dificultade de gobernar con obstáculos como o Covid e a guerra de Ucraína, pero apuntou que mantén a “ilusión”, "esperando que os veciños nos den o seu apoio e poidamos gobernar e traballar para todos vós”, engadiu, antes de amosar o seu cariño a José Manuel Pequeño, que se retira tras máis de 40 anos de goberno en Dumbría.

O seu sucesor, Raúl González, o único novo candidato da comarca, recordou a súa traxectoria ao lado de Pequeño nos últimos 30 anos e o cambio que sufriu o Concello de Dumbría neste tempo. “Traballastes, traballamos arreo e aparte das cosas materiais que quedaron, podes quedar contento por poñer a Dumbría no mapa" agradeceu. Considera Raúl González que a xente está contenta na vila e subliñou: “En teño dous soños, ser alcalde o 28 de maio, e o 30 ou 31, facer a foto de novo con todos vós como hai catro anos”.

Sandra Insua, alcaldesa e candidata de Camariñas, tamén botou a vista atrás e recordou o medo que pasou o día que se decretou o peche polo Covid, “pero os alcaldes nos estivemos apoiando uns ao outros, e merecemos unha segunda oportunidade, unha lexislatura máis tranquila”.

Juan Manuel Saborido, primeiro alcalde socialista de Carnota, afirmou que “somos un equipo moi humilde pero estamos sumando e intentando facer o mellor posible. Só pedimos que a xente siga a confiar en nós”, concluíu.
Mónica Rodríguez, candidata de Vimianzo e moi emocionada durante a súa intervención, afirmou que “querería repetir como alcaldesa dos meus veciños e se podo, e me dan a confianza, seguirei traballando coa mesma ilusión e as mesmas gañas”.

Bernardo
Bernardo Fernández

O secretario xeral do PSdeG Provincial da Coruña, Bernardo Fernández,destacou á súa vez en que a presentación destes oito candidatos, todos eles xa alcaldes e alcadesas, “dan unha boa mostra do músculo que o noso partido ten na Costa da Morte, pero o que é máis importante, demostra a importancia que para os veciños e veciñas desta comarca ten o Partido Socialista”. “É un partido no que confían ao longo de moitos anos para atender e para desenvolver esas administracións que son as máis cercanas aos cidadáns como son os concellos”, afirmou.

Patxi López amosouse tamén orgulloso de estar esta mañá no “cinturón rojo” de concellos socialistas que amosan que “cando gobernamos os socialistas estos alcaldes y alcaldesas y sus concejales se pelean por sus vecinos y vecinas y por sacar adelante a sus municipios frente al abandono que sufren por parte de la Xunta”.

PSOE CEE 5

Comentarios