O Salón do Reino reunirá á súa comunidade de fieis


O ano pasado, por estas datas construían coas súas máns e estreaban o Salón do Reino. E seguen colleitando fieis pola zona os Testigos de Xehová, e volven celebrar este vindeiro luns 14 de abril o que para eles é o acontecemento anual máis importante: “recordar ou conmemorar a morte de Xesucristo en sacrificio e os beneficios que iso nos reporta”.
Así, os centos de fieis que ten esta corrente relixiosa dende Fisterra a Vimianzo, achegaranse ao propio Salón do Reino, sito en Vilanova, Cee, para asistir ao evento. A reunión consistirá nunha conferencia duns 45 minutos en galego e outra en castelán, para que cada persoa poida escoller o idioma que máis lle agrade. Nela explicarase, entre outras cousas, quen foi Xesús, como pode axudarnos a súa morte e por que é importante que o recordemos.
A exposición en galego comezará cando se poña o sol, ás 20:45 da tarde mentres que en castelán efectuarase ás 21:45. Calquera persoa que desexe asistir está cordialmente invitada. A entrada é gratuita e non se efectuarán colectas.
Novas relacionadas
- 2013: Os Testigos de Xehová estrean o Salón do Reino.
- O poder dunha comunidade de fieis.
- Os Testigos toman a Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).