O sarxento condenado
Cando lle contas a un visitante de fóra de Galicia as historias relacionadas co narcotráfico na Costa da Morte, pensa que bromeas. Cousas como que todo o pobo sabe porque ese veciño ten esa motora espectacular e non ten reparos en fardar con ela na procesión do Carme; cousas como unha planeadora esquecida nun portiño, ou como 4000 kg de cocaína interceptados nunha descarga nunha caliña. Ou cousas como que un Garda Civil estaba ao mando dunha das operacións interceptadas nos últimos anos.
Foi en 2012 cando os GEOS interceptaban un buque con case 3 toneladas de cocaían na chamada “Operación Espartana”. Unha operación que tiña como destino a Costa da Morte (probablemente algunha cala muxiá) pero que foi detido a tempo. Un dos mandos da operación era un ex sarxento da Garda Civil de Corcubión, Álvarez-Otero, máis que coñecido na zona, pero que non foi detido ata ser descuberto nesta operación, tras unhas gravacións detectadas no Palacín de Cee, bar da súa propiedade. Con el fóra detido tamén un veciño de Cee de orixe venezonala que rexentaba unha floristería.
Onte, a Audiencia Nacional condenaba ao ex sarxento da Garda Civil de Corcubión a 15 anos e 6 meses de prisión, e a inhabilitación definitiva do seu emprego como funcionario. 7 menos dos que pedía a fiscalía que o acusaba de “xefatura de organización criminal”. A audiencia considera que o ex sarxento “garantizaba a seguridade da operacióN”.
O veciño ceense recibiu unha condena de 10 anos, como correo do sarxento.
A fortuna e a herencia do sarxento
Coñecido era de todos os veciños o patrimonio do ex sarxento. Un chalé, carias vivendas, dous bares e un hotel en Cee e Corcubión, outros establecimentos hostaleiros en Santa Comba e Ponteceso, un hotel, coches de luxo… Un patrimonio difícil de entender para un funcionario.
Outro dos puntos máis sorprendentes foi a súa sustición. Chegara en 1995 e en 2010 pediu o traslado a Navarra. Foi aí cando nomearon ao seu fillo como substituto.
Así é a vida na Costa da Morte, onde as cousas pasan á vista de todos pero ninguén se atreve a contalas. Ninguén excepto valentes como Nacho Carretero, que fala sen pelos na lingua da realidade do narcotráfico en Galicia ena Costa da morte no seu libro “Fariña”. Indispensable.
Novas relacionadas
- 14-06-16: A descarga realizada en Arou devolve á Costa da Morte ao punto de mira do narcotráfico.
- 12-06-16: Atopada unha planeadora dunha descarga de droga nas augas de Ponteceso.
- Agosto 2012: Droga, destino Costa da Morte.
- Setembro 2009: Interceptan 4.000 kilos de cocaína que entraban por Muxía.
- Xaneiro 2009: Droga agochada dos clans da Costa da Morte.
- Xaneiro 2009: A Costa da Morte, o novo porto de entrada da droga en Europa.