O ximnasio podería abrir antes de final de ano; a piscina queda para comezos de 2019


Continúa, mentres os políticos fican pendientes da denuncia de UC o proceso de reapertura da piscina municipal de Cee. Sempre, cos eternos retrasos e incumprimentos de prazos aos que xa estamos acostumados por moito que revisemos as hemerotecas. En abril contábannos que abriría en outubro, e en outubro que o faría antes de remate o ano.
En todo caso, parece que desta volta vai, e despois a reunión que mantiñan os responsables da xestión, a empresa Viraxes, co concello, parece que comezan a barallarse varias datas para a apertura. Pode que a mediados de decembro xa se poidan abrir as instalacións do ximnasio, deixando para primeiros de ano a apertura ao completo coa posta en marcha da piscina.
Nestes dias, xa está chegando o equipamento completo do ximnasio e pronto comezan as obras de reparación do teito e pintado do interior.
A historia do peche da piscina, dende abril de 2016
- 15-10-18: A piscina de Cee, pendente dunha nova denuncia de Unión Cidadá por presunta prevaricación e malversación.
- 10-10-18: A piscina de Cee abrirá antes de remate o ano.
- 27-04-18: Comezan as primeiras obras para reabrir a piscina de Cee.
- 25-01-18: Conta atrás para a reapertura da piscina en Cee.
- 07-07-17: Novo retraso para a reapertura da piscina tras quedar deserto o concurso.
- 05-04-17: O PSdG pide ao goberno de Cee que “deixe de marear a perdiz” no asunto da piscina.
- 04-04-17: Novos atrancos para a reapertura da piscina cando se cumpre un ano do seu peche.
- Marzo 2017: PSOE, PP e BNG denuncian retrasos do alcalde para convocar o pleno que corrobore a xestión interesada da piscina municipal.
- 22-02-17: Máis de 600 sinaturas solicitan que a piscina de Cee sexa xestionada directamente polo concello.
- 20-09-16: O Consello Consultivo bota a Aquacenit da piscina de Cee
- 25-08-16: O BNG de Cee pide celeridade para solucionar o problema da piscina.
- 15-07-16: Os traballadores da piscina alzan a voz contra o alcalde de Cee.
- 01-06-16: A non-piscina de Cee, á escuras.
- 26-05-16: Esixen a intervención urxente do Concello ante a cascada de problemas ca piscina municipal de Cee.
- 15-04-16: Usuarios e traballadores maniféstanse pola piscina municipal de Cee.
- 06-04-16: Os traballadores da xa pechada Piscina Municipal de Cee, en folga contra a concesionaria.
- Outubro 2015: A CIG emprenderá accións legais contra a concesionaria da piscina de Cee polas acusacións contra un ex traballador.
- 03-03-15: A CIG esixe o inmediato rescate da concesión da piscina de Cee.
- 14-01-15: Denuncian a situación laboral na piscina de Cee.