Os alumnos do IES Fernando Blanco prepáranse para a final Olimpiada do saber
O Instituto de Educación Secundaria Fernando Blanco vén de celebrar a fase eliminatoria da cuarta edición do Concurso “O Saber ten premio”, unha olimpíada cultural na que teñen a oportunidade de participar todos os alumnos do centro que o desexen para demostrar as súas competencias e coñecementos. Con esta iniciativa, o centro busca aportar aos alumnos un incentivo extraordinario para o seu desenvolvemento cultural.
Esta iniciativa está enmarcada dentro dos Contratos-Programa e conta, unha vez mais, co patrocinio de Ferroatlántica, no marco da súa política de apoio á actividade cultural de Cee.
O pasado 10 de abril celebrouse no centro educativo a última semifinal do certame, quedando como finalistas os seguintes equipos:
- Ángeles de Acero: Daniel Castro Lado (2º Bacharelato-B); Mónica Allo González (2º Bacharelato-B); Fátima Martínez Carril (1º C.S. Administración e Finanzas); Kelly Trillo Agulleiro (1º C.S. Administración e Finanzas) e Tania Martínez Carril (F.P. Básica de Electricidade e Electrónica).
- ASDFG: Aida Pérez Lago (1º Bacharelato-A); Sergio Grandío Rodríguez (1º Bacharelato-B); Daniel Lado Campaña (1º C.M. Mantemento Electromecánico); Alejandro Fernández Castelo (1º C.M. Mantemento Electromecánico) e Adrián Garea Fernández (3º E.S.O.).
- Os Picapedra: Belén Picallo Fernández (2º Bacharelato-A); Sandra Soneira Vieites (2º Bacharelato-A); Ismael Lago Mesías (1º C.M. Electromecánica de Vehículos Automóbiles); Diego López González (1º C.M. Electromecánica de Vehículos Automóbiles) e Gemma Felipe Solano (3º E.S.O.).
Os alumnos clasificados estanse a preparar para a Gran Final, que terá lugar o vindeiro 29 de maio, na que haberá unha primeira parte de preguntas elaboradas por 54 profesores e profesoras do centro e na que os dous grupos que obteñan mellor resultado enfrontaranse nun debate sobre un tema proposto polo xurado. A gala contará con actuacións de alumnos e profesores do centro.
Bos exemplos escolares
- Un Trail-Andaina, a nova proposta do proxecto Agra Solidario.
- Unha viaxe dende o Instituto chea de historia para coñecer mundo.
- Nen@s que contan contos a nen@s.
- O IES de Baio afronta a súa Décima Semana Cultural.
- Os alumnos de Fisterra, Cee e a Ponte do Porto reciben un 100% de desconto en conflitos.
- O Instituto tamén aprende a ser solidario.
- Os alumnos cybermentores do IES Fin do Camiño promoven a doazón.
- Un 75% dos alumnos costeiros secunda a folga contra a LOMCE.
- Alumnos carballeses que falan dicindo.
- Os alumnos do IES Fernando Blanco, olímpicos en sabedoría.
- O Centro de Promoción Rural – EFA Fonteboa, o novo Bergantiñán do Ano.
- Aprendendo a cantar nanas en galego.
- “Gústame aprender galego”.
Malos exemplos no ensino
- 20 nen@s sen praza escolar.
- Canto foi a redución en gasto público en educación entre 2009 e 2015?.
- A Costa da Morte ten 245 profesores menos nos últimos 4 anos.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal)