Os alumnos do IES Fernando Blanco, olímpicos en sabedoría


O Instituto de Educación Secundaria Fernando Blanco está a celebrar a IV edición do Concurso “O Saber ten premio no IES Fernando Blanco”, unha olimpíada cultural na que teñen a oportunidade de participar todos os alumnos do centro que o desexen para demostrar as súas competencias e coñecementos.
O obxecto do concurso é premiar aos grupos de estudantes que amosen maiores coñecementos e destrezas intelectuais e memorísticas nas distintas fases do concurso. Nas probas que o conforman, os estudantes deberán responder a preguntas sobre as materias que se imparten no IES Fernando Blanco. Participa un total de 50 alumnos de tódalas ensinanzas impartidas no centro polo que directora do centro, Chelo Trillo, destacou o “éxito da convocatoria, unha vez máis, dada a dificultade coa que se atopan os estudantes á hora de facer os grupos. Cada grupo debe estar formado por un total de cinco alumnos: dous de bacharelato, dous de ciclos formativos e un de ESO, EPA, CUALE ou FP Básica, representando así todas as ensinanzas impartidas no centro”.
Durante o mes de abril terán lugar as semifinais e os tres equipos que acaden a puntuación máis alta entrarán na gran final, que terá lugar no mes de maio. Nesa ocasión, volverán participar nunha proba que consiste nun xogo exclusivo deseñado na súa totalidade polo claustro de 54 profesores e profesoras do centro. Os dous grupos que obteñan mellor resultado enfrontaranse nun debate sobre un tema proposto polo xurado.
O desenvolvemento desta iniciativa, enmarcada dentro dos Contratos-Programa, conta unha vez mais co patrocinio de Ferroatlántica.
Novas relacionadas
- Un 70% do alumnado da Costa da Morte secunda a nova folga contra a LOMCE.
- 2014: Os 5 mellores expedientes do IES Fernando Blanco recibiron as becas do mecenas:
- Olimpiada 2014: Unha fin de curso de vertixe cultural no IES Fernando Blanco.
- Olimpiada 2013: Os Solfamidas triunfan na Olimpiada Cultural do IES Fernando Blanco.
Máis novas
- Alumnos de Cee practican o seu portugués en Coimbra.
- Bazarra bota combustible solidario tamén no Instituto.
- O xalleiro Ángel Carracedo abre as mentes xenómicas dos alumnos de Cee:
- Os alumnos de Cee descobren o bosón de Higgs.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).