Venres. 29.03.2024
El tiempo

O IES de Baio afronta a súa Décima Semana Cultural

O IES de Baio afronta a súa Décima Semana Cultural
Decima semana cultural do IES de Baio

Completa semana de vertixe cultural a que lle espera aos alumnos do IES Maximino Romero de Lema de Baio-Zas. O Equipo de Dinaminación Cultural do centro ten artellada unha semana, do 5 ao 8 de maio, chea de propostas creativas: música, teatro, natureza, cine, poesía, narrativa, historia, arqueoloxía, obradoiros... un sinfín de experiencias apostando por facer do noso IES un Contedor Cultural aberto á sociedade.

Xa teñen o programa definido para completar o curso do 20 aniversario (abriron ata a web vintenbaio.eu), no que xa coñeceron a realidade do liño, xa voltaron a redescubrir o Bravú e mesmo tiveron unha fantástica semana de cine.

Para esta semana, ademais de lembrar a figura do seu veciño ilustre, Labarta Pose, grandes nomes serán protagonistas, como Pazos de Merexo ou Guadi Galego. Terán tempo para o cine, para ver a última produción galega de éxito, A Esmorga, para a música con Pulpiño Viascón e o último en tecnoloxía musical, para o teatro cos 7 magníficos máis 1, e ata para a natureza cunha fermosa andaina.

Que o disfruten e xa nos contarán!

Decima Semana Cultural do IES de Baio 2015

Máis novas do centro baiés

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Información e Fotos de Antonio Coté, membro da Comisión de Cultura do IES Maximino Romero de Lema de Baio-Zas.

Comentarios