Alumnos carballeses que falan dicindo


Espectacular este proxecto do Club de Debate. Arredor de 200 rapaces e rapazas traballando argumentos, razoando ideas, defendendo propostas. Arredor de 20 profes axudándolles e apoiándoos/as no seu tempo libre. 23 equipos participantes nas fases de zona, 6 finalistas e todos gañadores.
Que non nos extrañe ver, dentro duns anos, a estes rapaces xa de maiores levando o peso do pais. Argumentos e ferramentas para expandilos van collendo con esta iniciativa na que participan 9 concellos de Galicia, entre eles varios carballeses. 3 equipos de alumnos carballeses participaban na Fase de Zona do Club de Debate e só o do IES Parga Pondalse metía na final. Unha final na que o tema de debate era a herdanza do galego e que utilizou o hastag #nontodoéfume para deixar claro que se pode falar dicindo cousas, non coma nos teñen acostumados os políticos de hoxe en día.
A final galega tiña lugar esta pasada fin de semana no Pazo da Cultura de Carballo. 6 institutos de Rois, Pontevedra, O Carballiño, Padrón, Negreira e o Parga Pondal de Carballo, debateron sobre esa idea: "Herdamos o galego, temos que transmitilo”. Finalmehte, o equipo gañador do Club de Debate 2015 foi O IES n.1 do Carballiño, pero deu gusto escoitar a todos os participantes. E se non, aprendan:
Herdamos o galego, debemos transmitilo #nontodoéfume
Posted by Normalización Lingüística Carballo on Domingo, 26 de Abril de 2015
Unha guía de recursos para a mocidade

E seguindo en clave estudiantil, cómpre falarmos da nova Guía de recursos para a mocidade elaborada polo Concello de Carballo a través da Concellaría de Mocidade e que vén de ser presentada o pasado venres 24 de abril, dentro da Semana das Artes e das Letras do IES Alfredo Brañas.
REC é unha completa guía que recompila en 28 páxinas todo tipo de recursos, cun deseño no que priman a cor e a simboloxía asociada á música. Pero o máis importante da publicación é o seu contido e a descrición detallada de todos os servizos existentes para mozos e mozas de entre 14 e 30 anos. Así, por exemplo, dáse conta da existencia da Escola Oficial de Idiomas, a Aula de Teatro, as salas de exposicións, a Aula de Informática, os locais de ensaio ou o Conservatorio Profesional de Música, todo ilo no Pazo da Cultura. Pero tamén de recursos menos coñecidos, como todos os que ofrecen os Servizos Sociais municipais ou o Centro de Información á Muller para estas idades, ou o propio Museo de Bergantiños, que moitos dos asistentes á presentación recoñecían descoñecer. Precisamente para paliar esa falta de información farase unha distribución masiva da guía de recursos, cunha primeira edición de 3.000 exemplares, e tamén se difundirá en formato dixital a través de Internet nas páxinas web do Concello de Carballo e Turismo Carballo e nas distintas redes sociais dos servizos municipais.
Novas relacionadas
- 2015: O IES Parga Pondal afía argumentos para a final galega do Club de Debate.
- 2015: 3 equipos de Alumnos carballeses participan na Fase de Zona do Club de Debate.
Máis novas relacionadas
- Os alumnos do IES Fernando Blanco, olímpicos en sabedoría.
- Alumnos da Ponte do Porto volven ao futuro por Europa.
- Os alumnos cybermentores do IES Fin do Camiño promoven a doazón.
Bo exemplos escolares
- Só 6 concellos costeiros reciben as axudas de Normalización da Deputación.
- Alumnos carballeses aprender a debater.
- Rapazas e rapaces de Carballo participan un ano máis no Club de Debate galego.
- Corenta persoas de dezasete nacionalidades comezan en Carballo a coñeceren a lingua e cultura galegas.
- Aprendendo a cantar nanas en galego.
- “Gústame aprender galego”.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal)
- Servizo de Normalización do Concello Carballo.