20 nen@s sen praza escolar

Vén de lonxe a problemática escolar en Carballo. Xa o ano pasado os pais e nais da zona do CEIP Fogar erguéronse esixindo a apertura dunha aula de infantil, i é que son moitos os nacementos nesta zona carballesa e as prazas de escolarización non son suficientes.
Onte celebraban unha concentración ás portas do Concello carballés, e, a pesar do mal, tempo, un centenar de pais apoiaron esta reivindicación tan básica como a escolarización dos seus pequenos.


Así, a día de hoxe, quedan 20 familia afectadas, con 20 nen@s que se quedan sen praza no CEIP Fogar por un mero problema político-económico. “O problema vén de lonxe”, recoñece Marcos Díaz, un dos pais afectados. “En Carballo, como en todos lados, hai unhas zonas e dase unha puntuación segundo proximidade ao centro, e a zona do Fogar é moi ampla e se masifica dende fai anos. Mesmo a Consellería recoñeceunos á ANPA que hai un problema co mapa de zonas pero por agora non o solventaron, e iso que hai 8 anos que se vén producindo este problema”.
Uns pais e nais que manteñen unha forte unión nas últimas semanas, esixindo a resolución dun problema que pode deixar a 20 nenos sen escolarizar. E realmente, solventaríase coa creación unha cuarta aula de infantil no centro carballés. Pero aí entran os cartos e de feito dende a Xefatura de educación xa deixaron caer que era practicamente imposible abrir outra aula, porque o centro está bastante saturado, e iso impediría outras actividades noutras aulas.
”En termos económicos, que ao final é o que importa”, recoñece Díaz, “á Xunta o que lle supón é poñer un profesor máis, que se miras o coste por neno é moi baixo, e moito menor que o imos gastar en garderías ou en transporte”.
Ademais do económico hai un problema político en cernes. O Concello carballés, gobernado polo BNG dende hai anos, asegura que leva enviado todas as propostas á Xunta en tempo, mentres a Xunta asegura que non o manda correctamente. En todo caso, e de cara á posible apertura da 4ª aula, o Concello xa afirmou que asumiría todos os gastos dunha posible reforma no CEIP Fogar, polo que só fai faltaría que enviasen un profesor dende a Xunta.

Outras opcións
Un dos puntos que máis critican os afectados é que falamos dun asunto que xa se ten quesaber dende lonxe, a raíz dos nacementos anuais. I é que arredor dun 25% dos nenos que pediron praza nova este curso non foron admitidos na zona, un asunto do que as administracións deberían saber de antemán, e deberían ter buscado solucións. Pero os recortes en educación seguen traendo consecuencias coma esta.
Os propios pais e nais afectados xa están traballando en buscar solucións. “Os pais fomos punteando entre os nós para ver quen quería ir ao CEIP Bergantiños ou a unha segunda aula na escola Unitaria de Mirón, en Bértoa, pois os que van a Mirón pasan dentro de 3 anos ao Fogar, e é un centro onde podería acondicionar unha segunda aula”.
Todo vén ademais por un problema colateral, i é que no colexio da Milagrosa hai moi poucas solicitudes, de feito a pesar das 50 prazas ofertadas, este ano non chegaron 10 solicitudes.
O caso é que “hai xente que mesmo mercou casa preto do Fogar para levar alí aos seus fillos, e agora atópanse con este problema”. E se ben indican que pode haber xente que aproveita un “falso” empadronamento para aproveitarse da praza, non quere levar o asunto ao eido persoal.
Unión
Por agora “a xente está comprometida, hai unión, e iso é fundamental”, apunta Díaz. Xa estivemos a semana pasada na Xefatuta da Coruña falando cun Inspector da nosa zona, pero agora queremos reunirnos con Indalecio Cabana, Xefe Territorial de Educación, para formalizar as nosas peticións”.
“Admitir que hai 20 pais que non van a escolarizar aos seus fillos é algo moi triste”, conclúe.
Máis información
Novas sobre a loita contra a LOMCE
- 50 nenos quedan sen escolarizar en Carballo por mor dos recortes.
- Os recortes nas escolas xa están na rúa.
- 07-11-14: A ANPA A Granxa retoma o Pedibús pero tamén as mobilizacións-protesta.
- A comunidade educativa non queda calada ante os continuos recortes.
- Abrazando o ensino público contra a LOMCE.
- A Xunta responde con máis recortes ás denuncias públicas do IES Pedra da Aguia.
- 29-10-14: O IES Pedra da Aguia denuncia un novo recorte no horario dunha mestra a metade de curso.
- A ANPA A Granxa xa colleita sinaturas contra os recortes.
- As ANPAS dos Muíños e CEIP Bergantiños alzan a voz de novo contra os recortes.
- As familias aprenden a educar ca Fedanpa.
- A Fedanpa empeza o curso #LOMCE en clave de loita.
- Os recortes no CPI Xosé Pichel indignan aos pais de Coristanco.
- O grupo de 4º de Primaria que non tiña titor.
- O IES Pedra da Aguia critica o recorte de mestres no comezo do primeiro curso LOMCE.
- Parches en 16 centros educativos da bisbarra.
- A Xunta anuncia que manterá aberta a Escola de Carnés.
- A ANPA do CEIP de Malpica esixe unha solución aos problemas de persoal.
- Os pais e nais de Carballo piden o mantemento da novena unidade de Educación Infantil do CEIP Fogar.
- As ANPAS inciden na volta ao sistema de préstamo universal de libros de texto.
- As Anpas Galegas conclúen en Vimianzo que hai que seguir mobilizándose polo ensino público e de calidade.
- A Costa da Morte móllase polo ensino público.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).