xoves. 19.06.2025
El tiempo

Os alumnos do IES Fernando Blanco prepáranse para a final Olimpiada do saber

Os alumnos do IES Fernando Blanco prepáranse para a final Olimpiada do saber
Finalistas da Olimpiada do IES Fernando Blanco

O Instituto de Educación Secundaria Fernando Blanco vén de celebrar a fase eliminatoria da cuarta edición do Concurso “O Saber ten premio”, unha olimpíada cultural na que teñen a oportunidade de participar todos os alumnos do centro que o desexen para demostrar as súas competencias e coñecementos. Con esta iniciativa, o centro busca aportar aos alumnos un incentivo extraordinario para o seu desenvolvemento cultural.

Esta iniciativa está enmarcada dentro dos Contratos-Programa e conta, unha vez mais, co patrocinio de Ferroatlántica, no marco da súa política de apoio á actividade cultural de Cee.

O pasado 10 de abril celebrouse no centro educativo a última semifinal do certame, quedando como finalistas os seguintes equipos:

  • Ángeles de Acero: Daniel Castro Lado (2º Bacharelato-B); Mónica Allo González (2º Bacharelato-B); Fátima Martínez Carril (1º C.S. Administración e Finanzas); Kelly Trillo Agulleiro (1º C.S. Administración e Finanzas) e Tania Martínez Carril (F.P. Básica de Electricidade e Electrónica).
  • ASDFG: Aida Pérez Lago (1º Bacharelato-A); Sergio Grandío Rodríguez (1º Bacharelato-B); Daniel Lado Campaña (1º C.M. Mantemento Electromecánico); Alejandro Fernández Castelo (1º C.M. Mantemento Electromecánico) e Adrián Garea Fernández (3º E.S.O.).
  • Os Picapedra: Belén Picallo Fernández (2º Bacharelato-A); Sandra Soneira Vieites (2º Bacharelato-A); Ismael Lago Mesías (1º C.M. Electromecánica de Vehículos Automóbiles); Diego López González (1º C.M. Electromecánica de Vehículos Automóbiles) e Gemma Felipe Solano (3º E.S.O.).

Os alumnos clasificados estanse a preparar para a Gran Final, que terá lugar o vindeiro 29 de maio, na que haberá unha primeira parte de preguntas elaboradas por 54 profesores e profesoras do centro e na que os dous grupos que obteñan mellor resultado enfrontaranse nun debate sobre un tema proposto polo xurado. A gala contará con actuacións de alumnos e profesores do centro.

Bos exemplos escolares

Malos exemplos no ensino

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal)

Comentarios