Venres. 26.04.2024
El tiempo

Os Bombeiros acoden a liberar un condutor en Carballo e a sufocar un incendio nunha vivenda en Vimianzo

Os Bombeiros acoden a liberar un condutor en Carballo e a sufocar un incendio nunha vivenda en Vimianzo
Esta pasada madrugada de luns a martes, os Bombeiros de Cee tiñan que acodir, pasadas as 4:30h ao Lugar de Cerbán nº15, Castrelo (Vimianzo). Un particular alertara ao 112 de que ardía a casa dun veciño, polo que os Bombeiros saíron con 2 vehículos, 1 cabo e 2 bombeiros. Era un garaxe, pegado a unha vivenda, o que ardía, e provocaba unha gran fumareda. Os cristais das fiestras xa romperan e no interior había moita carga térmica. Os Bombeiros tiveron que acceder ao interior do garaxe para extinguir o lume usando o carrete de pronto socorro e unha mangueira de 25. Unha vez extinguido o lume, procederon a ventilar co ventilador. No interior atópase un coche ardido e diverso material afectado: conxeladores, mobles, leña, ferramenta etc., que tamén resultaron afectados debido as altas temperaturas.

Accidente en Carballo

Pasadas as 8:30h deste martes 18 de decembro, producíase un accidente na AC-552, en Carballo. Bombeiros de Carballo, os efectivos das 061- Urxencias Sanitarias, os axentes da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico ademais dos voluntarios de Protección Civil da localidade, acodían ao lugar. Os Bombeiros de Carballo tiveron que retirar a porta do vehículo para liberar ao condutor que se atopaba atrapado tras o choque con outro coche. O acompañante atopábase accesible e puido saír polo seu propio pé. En total, dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao Complexo Hospitalario Universitario A Coruña.

Comentarios