Venres. 26.04.2024
El tiempo

Os Encontros de Filosofía abre a música á veciñanza con concertos de Abe Rábade e do TAC

Os Encontros de Filosofía abre a música á veciñanza con concertos de Abe Rábade e do TAC

Na terceira fin de semana dos III Encontros de Filosofía na Costa da Morte, a organización quere aproveitar o potencial divulgativo e didáctico da programación e abrilo a todo aquel que sinta a música como algo cercano e importante, sen necesidade de que estea inscrito no curso, xa que consideran que é unha mágoa desperdiciar esta ocasión.

I é que a cita deste venres 16 de setembro vai máis alá. A partir das 18,00h, o Salón de Actos do concello de Cee acollerá unha mesa redonda dirixida polo antropólogo Marcos Lorenzo, onde músicos e filósofos que participan nos Encontros, dialogarán en torno á cuestión do poder formativo e universalizador da música.
Entre eles atoparase Abe Rábade, un dos máis importantes pianistas e compositores de jazz en Galicia, que ofrecerá unha charla-concerto no mesmo lugar ás 19:30 horas.

Aquí vos deixamos con Abe interpretando "Camariñas" no Orejazz Club.

Máis música para todos

O sábado continuarán as sesións de "portas abertas", e serán os músicos do TAC (Taller Atlántico Contemporáneo) quen, ó longo do día (ver o programa en www.pensaravoces.com), farán diversas intervencións coa intención de achegar a música clásica contemporánea ao gran público. O Tac está realizando un valiosísimo traballo neste sentido na Cidade da Cultura de Galicia. E aquí en Cee contará coa colaboración dunha eminencia musical da bisbarra, o director da Escola de Música de Cee, Fernando Fraga.

Non é a primeira vez que o Taller chega á Costa da Morte, pois xa o disfrutamos durante 18 horas consecutivas soando aló enriba, no Cabo Fisterra. De feito aquí deixamos unhas das súas "vexetations":

Ademais, Joaquín Riera (Enxeñeiro de Son) e Anxo Rabuñal (editor), tamén farán as súas aportacións ao público tratando cuestións de eletroacústica, música e debuxo.

Valorando o sucedido ata agora

Un dos organizadores, o mestre do IES Fernando Blanco, Javier Turnes, fai unha lectura moi positiva dos encontros. Se ben non están tendo unha acollida numerosa por parte da veciñanza da bisbarra (Turnes recoñece que os Encontros "non son algo común nin aquí nin en Nova Iorque"), "cada fin de semana estámonos xuntando un grupo de 30 persoas para preguntarnos pola música, aquí, na Costa da Morte".

Precisamente esa pregunta do por que escoitamos o que escoitamos é clave para entender o traballo da ROFCOM, que esta fin de semana xa sacará o seu primeiro cd á venta nos encontros. Unha proposta diferente, para facernos reflexionar sobre a música máis típica e comercial.

Máis información

Toda a información relativa ó programa, aos prazos de matrícula, aos custos e mesmo ao aloxamento, poden atoparse na web:

Novas sobre os III Seminarios de Fisolofía da Costa da Morte

Novas relacionadas

Artigos de Javier Turnes en "A Escarpadura"

Outras novas

Fonte

Comentarios