Os escolares xa comezan a animar o Entroido

07:01 08/02/18

Este mércores 7 de febreiro xa tivo lugar no colexio de Brens a actuación da comparsa do alumnado do centro. Este curso a temática escollida foi a Prehistoria,como final dun proxecto educativo do centro. Participou todo alumnado que vai dos 3 aos 8 anos actuando diante das familias.
A comparsa representou as diferentes actividades daquel momento histórico tales como a caza, a pesca, o secado de peles, as pinturas rupestres... rematando con cancións e danzas en inglés, castelán e galego.
Agora, peques e mestres esperan impacientes o gran baile de disfraces deste venres, amenizada con merendola na que tamén participarán as familias.
Entroidos costeiros
- O Caietano volve ser protagonista do Entroido de Laxe.
- Carballo prepárase para o seu potente entroido.
- Santa Comba prepara o seu doble festival de Entroido.
- Catro comparsas parodiarán o Entroido de Fisterra.
- Carnota e Cee preparan a festa do Entroido
- Máis Entroido en Zas
- Os clásicos do Entroido xa “quentan” en Malpica
- O Enterro do Percebe DollarTrump, o cumio do Entroido muxián
- Carnota prepara un entroido moi regueifeiro
- Cee reparte 4.5000 euros entre os mellores disfraces
- O Entroido de Baiñas quenta motores
- O Entroido de Fisterra xa ten cartel
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).