Venres. 18.10.2019
El tiempo

Os fogos, Danza Invisible e París de Noia, os pratos fortes da Xunqueira 2012

Os fogos, Danza Invisible e París de Noia, os pratos fortes da Xunqueira 2012

Xa temos o cartel das Festas da Xunqueira 2012, que chegan paralela ao programa de verán de Cee. Un cartel completo a pesar de que o orzamento se reduce en case un tercio pasando dos 150.000€ dos últimos anos, aos 100.000 deste 2012.

A liña das festas segue sendo a mesma. Facendo dos fogos artificiais do día 15 de agosto, mércores, un dos momentos máis agardados, grandes orquestras, e un grupo de entidade estatal. Desta volta serán os Danza Invisible os que nos permitan besar os seus "labios de fresa". A banda pop estará o xoves 16 na praza da constitución.

E de orquestras falamos, con dúas grandes referencias, como son a París de Noia (estarán o martes 14 acompañados dos corcubioneses Nova Palma) e a Ciclón (o mércores coa Superstar baixo os fogos).

O pregón será o luns 13 da man do doutor Francisco Blanco, ao que seguirá o concerto da banda coruñesa de jazz-funk Funkatro, que tamén estará no Atalajazz de Laxe.

Xunqueira electrónica

E os máis novos tamén teñen que estar atentos, que na Discoteca Zona Zero tamén haberá moitas festas.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios